cnt cnt

A xustiza alemana proíbe o labor sindical da FAU

Compostela. 17 Decembro, 2009 - 19:28

fauDesde o pasado 11 de decembro fica proibida o labor sindical da FAU-Berlín, e por conseguinte a de toda a sección alemana da AIT, segundo determinou a xustiza berlinesa. A determinación xudicial levou-se a cabo nun procedemento no que a anarcosindical non tivo posibilidade algunha de defensa. A FAU-Berlín nen sequer foi informada da apelación ao tribunal por parte da Neue Babylon Berlin GmbH (Babylon-Berlin), empresa contra a que a FAU está en conflito laboral desde fai vários meses.

A sentenza vai mais alá da simple represión dos direitos sindicais da FAU-Berlín no conflito. Coa proclamación da sentenza fica proibida até a autodenominación da FAU-Berlín como sindicato.

Trasfondo

Desde Xuño deste ano, parte da plantilla do cinema Babylon-Berlin organizou-se na FAU-Berlín, e iniciou unha luita en pos dun convénio coletivo no único cinema semi-municipal da cidade, que recebe subvencións públicas apesar de que os/as traballadores/as receben soldos de miséria e non se respetan os seus direitos laborais.

Este conflito, o maior conflito que ten enfrentado a FAU na sua história recente, non só tivo repercusións na capital, mas tamén no ámbito federal. @s anarcosindicalistas en luita mantiveron un boicote moi eficiente e presente nos méios de comunicación, con exixéncias amplas e innovadoras, así como a participación dos/as próprios/as traballadores/as, algo inusual na Alemaña, feitos que causaron moita impresión no público. Ao se incrementar a presión até o punto de que os xerentes do cinema noa podian seguir a se negar a unha negociación, interviu non só a esfera política mas tamén o sindicato Ver.di, membro da asociación sindical DGB, organización que non dispuña de ningunha base na empresa e que directamente entrou a negociar coa dirección. O peor do caso é que dita negociación non contou coa implicación dos próprios traballadores/as apesar da sua indignación.

Hoxendia xa se sabe que detrás destas negociacións entre Ver.di e os gerentes do cinema hai un pacto entre os partidos políticos no governo de Berlín, o sindicato Ver.di e a xeréncia para apartar à FAU e tranquilizar a situación. Apesar disto, a plantilla e a FAU non calaron. O que seguiu foron vários golpes xurídicos e unha campaña contra a FAU por parte de Ver.di. Nun primeiro momento foron proibidas por orde xudicial ferramentas de luita como o boicote e ademáis negar a aptitude para acadar convénios coletivos por parte da FAU -en Alemaña esta aptitude é un requisito prévio para poder asinar convénios coletivos-. Ao tempo, os xerentes demandaron à FAU várias veces por distintas frases en notas de imprensa e brochuras. Isto tampouco conseguiu a retirada da FAU-Berlín do conflito. É así que habia que ser ainda máis contundentes coa anarcosindical e así lchgaba o mazazo da sentenza mais recente, a que proibe à FAU actuar como sindicato.

A situación na Alemaña

Desde un primeiro momento, a FAU-Berlín sostivo que neste conflito, por marxinal que pareza, non só se luita por mellores condicións laborais, mas pola liberdade sindical como direito fundamental na Alemaña. Neste país non existe tradición sindical combativa desde o 1933. O denominado sindicato único DGB posue un monopólio corporativista que é protexido pola xurisdicción, e que impide o posíbel ascenso de sindicatos alternativos. Conceptos como os de autoorganización e descentralismo sindical son prácticamente descoñecidos como propriedades de sindicatos na Alemania e, desde logo, nen previstos, nen desexados por este sistema sindical. O conflito da FAU-Berlín no cinema Babylon, por limitado que pareza, foi a primeira mostra dunha alternativa sindical na história da República Federal Alemana. Parece que la existéncia desta non puido ser tolerada polos sindicatos de Estado e pola esfera política, probabelmente debido ao perigo da posterior extensión do exemplo. A ilegalización da labor sindical da FAU debe ver-se neste sentido. A sentenza implica que non é posíbel fundar e desenvolver sindicatos aceptados pola lei en Alemaña, porque –anque sexa paradoxal– desde o princípio a calidade de sindicato depende da aceitación oficial. Conflitos laborais levados a cabo apesar disto, sen calidade de sindicato oficial, conlevan masivas consecuéncias xurídicas; non se pode esquecer que a FAU ten sido ameazada por duas veces cunha multa de 250.000€ ou privación de liberdade en caso de transgresión de sentenzas. Polo tanto, após a última sentenza a labor sindical legal non é posíbel para a FAU. Así as/os anarcosindicalistas alemanes/as ven-se ameazados dunha nueva proibición após as de 1914 e 1933.

O carácter escandaloso desta sentenza xa se amosa polo feito se que se realizou de forma acelerada sen nengunha audiéncia e posibilidade de toma de postura por parte da FAU. Isto debe-se tamén à auséncia dun termo protexido sobre o que é un sindicato e a arbitrariedade coa que os poderosos parecen poder decidir a xurisdicción sindical. A RFA ratificou certas convencións da OIT, mas na práctica estas non teñen vixéncia, porque en xeral os sindicatos de Estado, e hoxendia tamén as patronais, dictan que é un sindicato e que non.

É obvio que existe a posibilidade de que a sentenza sexa revisada. Non obstante, a FAU-Berlín non pretende entregar-se a ilusións. Nesta altura xa todo parece posíbel. A intrusión política, o intento de asfixiar toda iniciativa sindical nos seus princípios, é obvia.

Alcance

O alcance da sentenza xa é notábel, mas en caso de permanecer equivaleria a unha catástrofe pois desde a resolución a FAU-Berlín pode ser considerada un sindicato ilegalizado y, ademais, a sentenza pode ser transferida à FAU alemana na sua totalidade. Como caso que senta xurisprudéncia recairá sobre o movimiento sindical e os direitos das/os traballadoras/es na sua totalidade. Calquera alternativa sindical non é posíbel con tal xurisdicción como base. Polo tanto, o caso á unha novidade da represión sindical na Alemaña. O patrón non só pode elexir el mesmo os seus sindicatos, ademáis obtén o direito de decidir que é un sindicato. A autoorganización operária, a liberdade sindical, sexa no cinema Babylon-Berlín ou noutra parte, son proibidas, a incapacitación da clase operária é institucionalizada ainda mais.

Por outra parte, Ver.di tamén é culpábel da sentenza pola sua intervención pouco solidária, ademáis a alta probabilidade de que dito sindicato teña impulsado a sentenza, posto que se constatou nunha ocasión por escrito que se considera en competéncia coa FAU e que é necesário actuar contra ela.

Mais información sobre o conflito.

[Os enlaces abren-se nunha nova xanela]

www.fau.org/verbot

www.fau.org/soli/babylon/

prekba.blogsport.de


  Confederación Nacional do Traballo