Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

“Morrer é esquecer, sen dúbida”

CNT cartaz 36De 1936 a 2009 o mesmo anelo, o mesmo grito: liberdade e xustiza social; anarco-sindicalismo

O siléncio institucionalizado sobre a nosa história imediata, praticado deliberadamente desde a chamada “transición democrática” (con todos os partidos políticos, sistema educativo e meios de comunicación traballando niso), non pudo fechar feridas que só coa verdade, a xustiza social e a reparación será posíbel cicatrizar.

Como é ben sabido, nos últimos anos está-se a producir na sociedade civil, e desde ela, un agromar do interese e a necesidade por recuperar a memória de luitas sociais da história recente de España, após longos anos de manipulación fascista que pretendia, e pretende, procurar xustificacións ao terrorismo de Estado e à represión xeralizada durante máis de cuarenta anos. A política exercitada de “olvido democrático”, que, através da lei de ponto final, denominada “ley de Amnistia” de 1977, e os Pactos da Moncloa, xustificaba “mirar cara adiante” pondo un ponto final a nosa história e sen sentar no banco dos acusados a torturadores e criminais...

Para iso aplicou-se desde os governos, desde a clase política, os sindicatos burocráticos, a escola, os meios de “información” e a nova “inteligentsia”, unha visión histórica baseada en ocultar as conquistas sociais máis profundas acaecidas en Europa. Mas a história non é un ponto no horizonte; é unha liña que continua a pesar dos pesares, a pesar dos fusilamentos, os cárceres e as torturas. A luita emprendida por un mundo máis xusto continua hoxe en dia: foi renovada por rostos e olladas; no entanto, após esta renovación adiviñan-se os mesmos ideais de transformación social.

Como organización libertária, desde a CNT sabemos que “o que fai a lei fai o engano”, que a “xustiza” responde a intereses das clases adiñeiradas, e que ademáis, no caso da española, é herdeira da “xustiza” franquista(a nivel legal, cuanto antes cheguen as denuncias das vítimas e seus familiares aos tribunais internacionais, antes acabará o circo xurídico). Anular as sentenzas franquistas por ilegais (e non só ilexítimas, como recoñece a chamada Lei da Memória Histórica) seria o normal en cualquer democracia ocidental. Non nos enganemos, iso suporia lanzar polos ares o sustento sobre o que se levanta a lexitimidade política actual; romperia a careta que dá imaxe de consenso ao noso sistema; poria muito nervosos aos responsábeis da represión até entrados os anos 80, os asasinatos de centos de traballadores e traballadoras e estudantes na rua, de presos políticos como Agustin Rueda, os acontecementos do 3 de Marzo (muito vivos ainda), e sobretodo criaria muitas moléstias, papeleos, gastos...

Non vamos descobrir nada se afirmamos que hoube unha traizón da esquerda parlamentar à suas orixes e à sua própria razón de ser; non seremos nós quen teremos que xulgar a sua subordinación aos poderes fácticos e económicos. Mas tampouco ficaremos en siléncio perante este comportamento, porque a CNT, en cada conflito, en cada acto, recupera a sua razón de ser; recupera os princípios polos que se fundou, polos que fomos perseguid@s e polos que seguimos a luitar. Todos e cada un dos compañeiros e compañeiras represaliad@s polo fascismo, ou por esta falsa democracia, receben da nosa parte a mellor homenaxe que se pudera facer: continuar coa obra que el@s emprenderon.

O que veu en se chamar a “recuperación da memória histórica” non pode ficar reducido a erixir monumentos nunha sorte de “política do monolito”. Fan-se absolutamente imprescindíbeis: a apertura pública e áxil dos arquivos históricos sobre a guerra civil e a ditadura; a reparación moral e económica às vítimas (entre as que se encontran como as máis esquecidas os guerrilleiros e guerrilleiras antifascistas); a anulación dos xuízos franquistas por ilegais (non só ilexítimos); a devolución do património roubado (a particulares, colectivos e organizacións); a recuperación e museización dos espazos da memória social...E a exumación de máis de 30.000 cadáveres esquecidos en máis de 1.000 fosas comúns diseminadas por toda España.

As administracións xogan coa bola lanzando-a quer ao tellado dos xuíces, quer ao governo do Estado, quer..., ainda sabendo da URXÉNCIA que estas cuestións exixen para que podan “fechar o luto” as vítimas e familiares directos, que teñen xa unha avanzada idade e só peden poder recuperaros restos d@s seus. A escusa agora é “esperar” ao protocolo de exhumacións que prepara o governo: máis esperas despois de esperar máis de unha vida...No entanto, esta falta de protocolo non freou as numerosísimas exhumacións que se realizaron até agora no Estado Español (en concellos governados polo PSOE e tamén plo PP; a conclusión é simples: SÓ FAI FALTA VONTADE POLÍTICA (e un mínimo de sensibilidade).

Destapemos a farsa da memória histórica española !

Denunciemos a desídia, a indoléncia e a hipocresia !

Aluita continua !