8M: folga xeral feminista

Curuxás, guerrilleiro e anarco-sindicalista

 

Concello de Toques na Terra de Melide, sábado 27 de Xuño à tardiña, na parroquia de Vilamor celebra-se un emotivo acto con grande calor humano e moito público, na memória de Ramón Rodríguez Varela “Curuxás”, anarco-sindicalista da CNT e utilizando o título do libro de Carlos Parrado, “Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco”.

 

Placa homenaxe a Curuxas

O acto foi precedido de unha palestra organizada en Melide pola asociación, tamén de recuperación da memória histórica “Terra de Melide”, na que falaron Carlos Parrado o grande especialista e estudoso da figura de Curuxás ao que dedicou a sua vida e o historiador Carlos Velasco, profesor da Universidade da Coruña, glosando a figura do combatente libertário perante un público totalmente entregado à causa de Curuxás, pois entre os asistentes estaban parentes e veciños, o guerrilleiro que mantivo a dignidade e a resisténcia contra o fascismo até o 14 de Maio de1967, en que morreu de morte natural no Freixeiro – Palas de Rei, comarca da Ulloa.

As causas polas que Ramón Rodríguez Varela “Curuxás”, foi quen de resistir ao fascismo durante 31 anos en clandestinidade, pudemo-las perceber neste acto pola cantidade de veciños e veciñas que asistiron, pois foi grazas a este apoio que o Curuxás pudo resistir tantos anos às forzas represivas da guarda civil. Unha representación da CNT asistiu para lembrar ao noso compañeiro, colocando unha bandeira da CNT e agradecer aos veciños e veciñas da comarca a solidariedade mostrada con Curuxás durante tantos anos, o que permitiu que o facho da liberdade continuara aceso nas terras de Melide e da Ulloa.