A CNT inicia conflicto coa Universidade de Vigo
O delegado da CNT na universidade de Vigo está sendo acosado laboralmente dende a constitución da Sección Sindical:
(Panfleto que se está a repartir nas Universidades Galegas)
A UNIVERSIDADE DE VIGO ACOSA
Dende a constitución da sección sindical da CNT na Universidade de Vigo o noso delegado vén enfrontando o acoso da xerenta Ana Fernández Pulpeiro e do "excelentÃsimo reptor" Alberto Gago.
Até o momento eran TRES os expedientes abertos nun prazo de DEZ dÃas contra o noso compañeiro, todos por supostas faltas leves inventadas pola señora Fdez. Pulpeiro e todos incoados pola ela dende un cargo que non conta coas competencias en materia disciplinaria. Curiosamente, despois de máis de 20 anos de traballo na Universidade
as faltas chegan todas xuntas e despois de constituÃrse a sección sindical da CNT e, por primeira vez na historia da universidade galega, incoadas por un/unha xerente, en contra do que establecen os estatutos universitarios. Destes expedientes dous foron resoltos en sanción e un aÃnda fica sen resolver.
O pasado 26 de febreiro durante unha sesión ordinaria do Claustro da universidade de Vigo e actuando coma claustral, o noso compañeiro solicitou tomar a palabra, citando o regulamento do claustro. O señor Gago negoulla en repetidas ocasións, mentres o noso compañeiro insistÃa no seu dereito a falar, segundo o regulamento do claustro, en "todos e cada un dos puntos da orde do dÃa".
Despois de ler o noso compañeiro o regulamento do claustro, a Mesa optou por correxir ao reptor e darlle a palabra ao noso compañeiro "coa condición de que falase do que o sr. Gago dixera". Mais tan axiña coma Gago escoitou a primeira frase da crÃtica do noso compañeiro ao seu xeito de governar unha universidade pública, interrompeuno para retirarlle a palabra. Ante os pedimentos do noso compañeiro de que o sr. Gago citase algún preceito do regulamento que avalase o seu actuar, pois "ningún membro do claustro pode ser interrompido no uso da palabra", o sr. Gago tomou a decisión de suspender a sesión do claustro, antes que darlle a palabra ao noso delegado.
Agora para rematar o intento de humillar a un traballador que tenta exercer os seus dereitos, o señor Gago abre un expediente polos "sucesos do claustro" que segundo a sua resolución o noso compañeiro "protagonizou", para poder meterlle unha sanción a un claustral que no exercicio do seu cargo comete o gravÃsimo erro de pedir a palabra para criticar o goberno universitario.
PAREMOS O EXPEDIENTE DISCIPLINARIO
PAREMOS O ACOSO LABORAL NA UNIVERSIDADE DE VIGO
Mañá mércores, o nos compañeiro terá que acudir ás 13:00 horas ao campus de Vigo a declarar fronte á instructora do caso. Ponse en marcha o circo que o Sr. Gago quere ver, veremos se lle crecen os ananos.







