8M: folga xeral feminista

A CNT de Compostela participa nas xornadas sobre arqueoloxia, sindicalismo e memória histórica de Barcelona

charla barcelonaA CNT de Compostela participará este sábado 16 de Maio nas primeiras Xornadas sobre arqueoloxia e sindicalismo que organiza a sección de arqueloxia da CNT de Barcelona e que terán lugar os dias 15 e 16 de Maio na Universidade de Barcelona. Concretamente, na sesión relativa à negociación dos distintos convénios do sector en distindos lugares do Estado Español é na que participará un compañeiro deste sindicato, aportando as experiéncias da negociación do convénio galego.

O contido completo das Xornadas é o que segue:

XORNADAS SOBRE ARQUEOLOXIA, SINDICALISMO E RECUPERACIÓN DA MEMÓRIA HISTÓRICA

Venres 15 de Maio de 2009
18 – 21 h. Estado actual da recuperación das fosas comúns de asasinados polo franquismo en Cataluña.
* Manel Perona (Asociación pola Recuperación da Memória Histórica)
* José Luis Muga (Foro pola Memória)

Sábado 16 de Maio de 2009
10 – 13 h. A negociación dos convénios de arqueoloxia no Estado Español: Os casos de Madrid e Galiza.
* Martín Paradelo (CNT Compostela)
* Juan Carlos Rojo e Mª Soledad Gil (Asociación Madrileña de Trabajadores y Trabajadoras de la Arqueología)

16 – 18 h. Esclavos da arqueoloxia franquista: Batallóns de presos republicanos nas excavacións de Empúries.

18:30 – 21 h. O sistema público de xestión arqueológica francès e a luita contra a sua privatización.
* Roland Irribarria (Sección Sindical de CNT-França no Institut National de Recherches Archeologiques Preventives)