Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Faleceu en Barcelona Abel Paz

abel pazAbel Paz, seudónimo de Diego Camacho, faleceu onte en Barcelona. O seu nome permanecerá unido á figura de Buenaventura Durruti, de quen fixo a mellor e máis ampla biografia publicada até hoxe. Militante da CNT, participou na guerra civil e despois na loita clandestina contra a ditadura do Xeneral Franco. Foi detido e condenado a prisión en duas ocasións polas suas actividades anti-fascistas desenvolvidas no Estado español.

Publicou numerosos libros tanto de carácter auto-biográfico como histórico. Nunca foi considerado un historiador polos sacerdotes da Historia porque non se formou nas áulas universitárias e carecia do título oficial de "historiador". Tanta mezquindade e tanta ruindade non serveron para evitar que a sua  biografía de Buenaventura Durruti fora traducida e publicada en  catorce idiomas.

Estivo en Compostela nunha ocasión para participar nas Xornadas Libertárias que cada ano organiza a Federación Local da CNT. Entón tivemos ocasión de escoitar-lle e de charlar con el, un home sincero, vital e humilde.

Que a terra che sexa leve.

"Son anarquista e ser anarquista é ser unha persona coerente (paz espiritual, a tranquilidade, o campo, traballar o menos posíbel, o suficiente para poder vivir, desfrutar da beleza, do sol. Desfrutar da vida con maiúsculas, agora vive-se en minúsculas). Ter unha conduta persoal. Levar as ideas à práctica ao máximo, sen aguardar que haxa unha revolución. Iso pode-se facer agora. É unha concepción filosófica, é un estado de espíritu, unha actitude ante a vida. Penso que esta sociedade está moi mal organizada, tanto socialmente, como políticamente, como económicamente. Hai que cambiá-lo todo. O anarquismo invoca unha vida completamente diferente. Trata de vivir esta utopia un pouco cada dia."

Palabras de Abel Paz

libro1libro2libro3libro4libro5

Algunhas das obras de Abel Paz