8M: folga xeral feminista

A Audiencia Provincial de Pontevedra absolve a Dionisio Pereira

Logo de dous anos de loita xudicial, esta mañá a Audiencia Provincial de Pontevedra confirmou a absolución proclamada polo Xulgado da Estrada, ante a denuncia presentada pola familia de Manuel Gutiérrez Torres, alcalde de Cerdedo desde 1950 e xefe local da Falanxe nos días despois do golpe militar que iniciou a guerra civil.

A familia Gutiérrez denunciara que o traballo histórico de Dionisio Pereira atentaba contra a súa honra. Porén, a Audiencia ditaminou que o dereito á investigación prevalece sobre o dereito á honra, considerando que o escrito denunciado pertence a un estudo científico no que non existe ningunha pretensión de atentar contra ninguén.

Ademais, a Audiencia obriga a pagar todas as costas do proceso xudicial á familia do denunciado, que só pode apelar o Tribunal Constitucional.

Da CNT de Pontevedra e de toda a Rexional, unha forte aperta para Dionisio, así como para Alfredo González e tantas outras historiadoras, ás que animamos a seguir achegándonos aos máis novos os feitos, os lugares e as persoas.