Enquisa HostaleríaDigna

Faleceu en Barcelona o compañeiro Luis Andrés Edo.

edo

Veu falar da sua vida militante como membro de “Defensa Interior”, un amaño anarquista para mudar de golpe o réxime franquista sobre a base da execución de Francisco Franco. Para iso veu desde o exílio e por aquilo pagou vários anos de talego.Con Edo marcha un trozo da vida militante e comprometida da CNT, un compañeiro.

Tivo a ben desaparecer despois de escreber vários libros de indubidável interese histórico e documental sobre a andaina confederal anterior à morte de Francisco Franco até anos ben próximos, pero a sua auséncia deixa o mal sabor de boca que produce supor canto máis tería publicado se estos últimos anos non sufrira unha cruel doenza respiratória que, na prática, tivo-o recluído no seu domicílio. Unha das suas últimas saídas foi co gallo da Feira do Libro Anarquista, celebrada en Barcelona o pasado ano.

Para a compañeira Doris, enviamos un bico.