cnt cnt

CANTEIROS DO PEREIRO: explota e estafa

Pontevedra. 1 Febreiro, 2009 - 20:40

Un grupo de solidarios repartíu hoxe centos de panfletos entre os veciños de Pereiro (Poio). Serafín é ben coñecido pola CNT, que mantén un conflito dende hai tempo por mor do despedimento estando de baixa dun compañeiro da sección de construción do Sindicato de Pontevedra. O empresario non sabe con quen se meteu se cre que a CNT vai parar sen conseguir o que lle corresponde o traballador.

Alí, aproveitando que había partido de fútbol, puxeron en tódolos coches, en tódolos buzóns e en tódalas farolas do vecindario o planfleto, mostrando aos veciños como é este elemento.
Cando os compañeiros ían cara ao seu coche para marchar, apareceu o fillo de Serafín, que dicía que o despedido mentía e que non tiñan que meterse neses asuntos.

Pouco despois chega outro coche cun home malencarado, que berraba e abríu o maleteiro co fin de coller algo para agredir aos compañeiros, mais o fillo de este home impedíuno, e os compañeiros marcharon.

Como di a frase mil veces repetida: OBREIRO DESPEDIDO, PATRÓN COLGADO!

Panfleto que repartiron os solidarios:

CANTEIROS DO PEREIRO:

ROUBA ÓS SEUS TRABALLADORES

E ESTAFA A QUEN O CONTRATA

SERAFÍN PEREIRO ten mais de 15 causas pendentes coa Seguridade Social por non pagar ós seus traballadores, neste momento a CNT ten postas 2 demandas contra el, por impago do soldo e por ameazas.

Este home négase a pagar as baixas aos seus traballadores cando teñen un accidente, e despídeos.

Este home que vive ao voso lado é dono do Mesón do Pereiro, aínda que non esta ó seu nome para que non o embarguen.

SERAFIN PEREIRO estafa a quen o contrata, utilizando materiais de mala calidade, provocando filtracións de auga e logo cobrando o doble por arreglalas.

Informamos aos seus veciños para que amosen o seu desprezo fronte a un empresario explotador e estafador,

SERAFIN COMO XA CHE DIXEMOS

NON PARAREMOS ATÉ QUE PAGUES O QUE DEBES.


  Confederacin Nacional do Traballo