Enquisa HostaleríaDigna

Acto en recordo dos asasinados en Marín

Marín, 13:00, 31 de decembro de 2008

A CNT acode este mércores á convocatoria da Asociación pola Memoria Histórica de Marín, na sua homenaxe anual ós primeiros asasinados polo levantamento fascista en Marín.

A Asociación invitou a falar á Secretaría Xeral do Comité Galaico da CNT, xunto con outros representantes daqueles que morreron defendendo as súas ideas a partir do 18 de xullo de 1936. Como sempre, a CNT deixará claro que quen puxo os mortos foi  o pobo traballador, e os destacados sindicalistas que foron eliminados, non  por envexas, senón nun plan para eliminar as voces disidentes contra o fascismo e tódalas formas de goberno, os mesmos que loitaban contra aquela república que agora interesa poñer de moda ós políticos, aquela republica que non cumpliu ningunha das súas intencións, senon que reprimiu e asasinou coma a monarquía ou a ditadura.

Pol@s Cenetistas que buscaban un mundo mellor no fondo dos seus corazóns, onde o recordo estea presente, estará a CNT, un sindicato símbolo da historia e símbolo de futuro.