Funcionari@s informátic@s??
Calquera persoa que desenvolva a súa actividade profesional na Xunta de Galicia, xa sexa funcionario, persoal laboral ou persoal pertencente a entidades privadas, percatarase en poucos dÃas do enorme déficit existente de profesionais funcionarios/as das escalas de informática.
Â
Afondando un pouco máis nesta problemática é posibel constatar que en toda a historia da Xunta de Galicia somente foi convocada unha oposición, no ano 2002, para estas categorÃas laborais. Na seguinte táboa describense o número de prazas, o seu corpo e a escala das prazas convocadas na devandita oposición.
Â
Â
DistribuÃndo as cifras da táboa anterior entre as 12 consellarÃas existentes obtéñense un total de 7 profesionais de informática de media por consellarÃa, os/as cais a súa vez deben repartirse polos servizos centrais e as diferentes delegacións provinciais de cada consellarÃa.
Â
A modo de exemplo, nas áreas de informática dos servizos centrais da ConsellarÃa de Educación e Ordenación Universitaria (en diante, CEOU) é posibel atopar máis de 50 postos de informática. Comparando esta cifra cos 7 postos que lle corresponderÃan segundo a única oposición celebrada até o momento, é posibel determinar que esta consellarÃa ten un déficit de 43 postos. Dito doutro modo, somente a CEOU requirirÃa o 51% das prazas de informática existentes na actualidade para toda a Xunta de Galicia.
Â
Na práctica a CEOU non conta cos 7 postos anteriormente referidos senon só 3, o cal fai que no Edificio Administrativo de San Caetano, dentro dos diferentes servizos de informática da CEOU, desenvolvan a súa actividade profesional 42 traballadores/as non funcionarios da Xunta de Galicia. Na seguinte gráfica amósase a distribución de persoal informático da CEOU.
Â
Â
Para agravar aÃnda máis a situación anterior, os poucos postos que a Xunta de Galicia decide cubrir con persoal interino son ocupados facendo uso dunha lista temporal que utiliza os seguintes criterios de baremación, que son claramente inxustos e que non valoran as capacidades do persoal:
Â
-
Nota acadada no único proceso selectivo celebrado desde o ano 2002. É evidente que desde esta data o mundo da informática mudou enormemente, co cal este criterio non valora en absoluto as capacidades técnicas, pero si é un criterio extraordinariamente “cómodo†para Administración.
-
Tempo de servizos prestados na Xunta de Galicia na mesma categorÃa, corpo ou especialidade. Na práctica, para obter puntos neste apartado na case totalidade dos casos é imprescindibel ter traballado na Xunta de Galicia através do criterio do parágrafo anterior.
-
Número de chamamentos na mesma lista. Unha vez máis, na práctica, para obter puntos neste apartado na case totalidade dos casos é imprescindibel ter traballado na Xunta de Galicia através do criterio do parágrafo 1.
Â
Todas estes baremos conducen a unha lista temporal de interinos na cal se dan cifras tan peculiares como as que se amosan nas seguintes gráficas que indican número de persoas que se atopan en cada franxa de puntuación para cada unha das escalas de informática:
Â
Â
Nas gráficas anteriores é patente a disfunción das listas temporais de interinos polos seguintes motivos:
-
O 96%, 84% e 88% das persoas pertencentes aos grupos A, B e C, respectivamente, teñen 0 puntos na lista temporal.
-
Na lista só se puntúa aprobar o exame do ano 2002, ter traballado ou ser chamado na Xunta de Galicia, e dado que os dous últimos criterios dependen totalmente do primeiro, no entanto non haxa outro exame a situación dunha persoa na lista non pode variar.
Â
Como é posibel que as máximas responsabeis da Xunta de Galicia se vanaglorien públicamente do desenvolvemento das TIC e da administración electrónica cando os/as profesionais que deben executar na práctica tais proxectos se atopan nun claro e galopante déficit?
Â
A realidade é ben distinta. Os servizos de informática da Xunta de Galicia atópanse desde xa hai moitos anos amplamente superados pola alta demanda requerida e polo gran déficit de persoal. Para tentar paliar estas deficiencias de persoal, a solución atopada non foi outra que a privatización mediante subcontratas dos servizos informáticos, coa consecuente precarización laboral dos/as traballadores/as pertencentes ás empresas adxudicatarias. AsÃ, estes/as profesionais informáticos que desenvolven a súa actividade nestes eidos, atópanse saturados de traballo e realizado, en moitos casos, tarefas por riba das súas atribucións profesionais.
Â
A dÃa de hoxe, os servizos informáticos públicos substéntanse en profesionais contratados por empresas privadas. Isto, mantén en funcionamento unhas infraestruturas e servizos precarios que os máximos responsabeis da Xunta de Galicia non valoran en medida algunha pero que son imprescindibeis na actualidade para o funcionamento da administración autonómica.
Â
Â
READMISIÓN INFORMÃTIC@S DESPEDID@S C. EDUCACIÓN!!
NON à PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS!!
CONVOCATORIA PRAZAS DE INFORMÃTICA XA!!
Â
Â
Referencias:
- Proceso selectivo do 2002 (DOG nº 250, 27 decembro de 2002)
- OEP do 2007 DOG nº 72, 13 de abril 2007
- OEP 2008 DOG, 5 de mayo 2008
- Listas temporais de informática (Decreto 37/2006)
Â
Â
Â
Â
Â
Â







