cnt cnt

Concentración en Bertamiráns en apoio ao compañeiro despedido en URBASER

Compostela. 14 Agosto, 2008 - 14:49

A empresa URBASER ven de despedir ao noso compañeiro traballador da limpeza en Bertamiráns. Enmarcamos dito feito como represalia polas incómodas preguntas que este rapaz facía sobre a situación laboral que sufrian el e os seus compañeiros. Pensamos pois que o despido é totalmente inxustificado e por iso queremos comentarlle á cidadania de Bertamiráns o xeito de funcionar do seu servizo de limpeza.

Así, o pasado sábado e hoxe mesmo, lembramoslles a todos os viandantes diante do Concello as prácticas primeiro privatizadoras e a continuación precarizadoras que dirixidas dende a alcaldía teñen a súa concrección na empresa URBASER. concentracion no concello de Bertamirás


  Confederación Nacional do Traballo