7 compañeir@s denunciad@s pola sua solidariedade
Trascorrido xa case un ano desde a finalización do conflito laboral mantido pola CNT de Compostela contra a cafetaria R&H, comezan a chegar à s militantes que participaron no conflito citacións para comparecer ante o xuiz como imputad@s. Est@s sindicalistas non saben, a dous dias do xuÃzo, cal é o delito que se lles imputa, nen sequer se é un delito ou falta, xa que en nengún momento se lles advirte en que tipo penal incorren. Simplesmente están acusad@s por "algo", o que sexa, do que resulte neste xuÃzo incerto, o que provoca unha absoluta indefensión. O xuÃzo terá lugar o martes 20 de Maio à s 9:30 da mañá.
@s militantes de CNT foron identificad@s no trascurso dunha concentración pacÃfica diante da empresa, mentres daban a coñecer a situación laboral na cafetaria R&H: xornadas de até doce horas diárias mentres se asegura aos traballador@s por catro, e cobrando polo exceso 100€ mensuais. Esta concentración semella ser o feito causante do delito que se lles imputa.
Non podemos deixar de nos preguntar en que consiste a liberdade sindical que o Estado predica como direito fundamental. Feitos como este restrinxen dita liberdade ao voto, é dicer, à representación: a liberdade sindical equivale ao diálogo social e ás mesas de negociación sectoriais que actuan como parlamentos paralelos, convertendo nunha falácia a proclamada auto-regulación das relacións laborais.
Non existe liberdade sindical, nen direito de reunión, nen liberdade de expresión, cando un feito como unha simple concentración pacÃfica de sete persoas pode chegar a se convertir nunha acusación penal non tipificadas polas leis estatais. Non existen liberdades cando a polÃcia pode chegar ao lugar onde se desenvolve unha concentración pacÃfica arrincando faixas, bandeiras e agredindo à s persoas alà concentradas.
Na actualidade o discurso do Poder fala de direitos, garantias e liberdades, mais as persoas, @s traballador@s, non poden facé-las efectivas dado que, incluso sen incorrer en nengún delÃto poden acabar frente a un xuiz, sen saber cal é o motivo da acusación. Patroal e Estado, empresário e polÃcia, unen-se como denunciantes neste pleito disparatado, onde @s denunciad@s non saben a que ater-se.
Desde a CNT sabemos perfeitamente que esta é unha denúncia interposta para arredar-nos da nosa forma de facer sindicalismo. Un sindicalismo baseado na acción directa, no apoio mútuo e na solidariedade. Sabemos que para estes empresários o problema é ter que pagar a un traballador aquilo que lle estiveron a arrincar da pel. Pero desde a CNT non nos imos acobardar por unha nen por vinte denúncias. Seguiremos sendo o que somos: traballador@s libres, traballador@s solidári@s, anarcosindicalistas.







