8M: folga xeral feminista

denuncia contra o investigador Alfredo González Ruibal

Este xoves, 15 de maio, terá lugar na Estrada o xuízo contra o compañeiro de Verbo Xido e xerente do Centro Etnográfico Terra de Montes, Alfredo González Ruibal. Ás 11,30 horas será a vista previa da demanda presentada pola familia do ex-alcalde franquista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez Torres.

O sindicato da CNT de Pontevedra quere solidarizarse tanto con Alfredo como co historiador Dionisio Pereira, que está a sufrir unha situación similar. Animamos ós afiliados e á xente en xeral a acercarse o xoves á mañá ata A Estrada para amosar o apoio incondicional a estes investigadores que tanta luz están arroxando sobre o que durante tanto tempo foron tenebras. Semella que aínda queda moita xente con cousas que esconder e cousas das que arrepiarse. Pero en recordo de Xosé Otero Espasandín, José Canabal, os irmáns Quintillán Cardesín e tantos e tantos fuxidos, asasinados e represaliados, non debemos permitir que se silencie a verdade.

Aproveitamos para lembrar o número da conta solidaria aberta para axudar nos gastos de ambos procesos xudiciais: 2080-0480-11-0040118605