Enquisa HostaleríaDigna

Un anarquista da CNT dos Ancares sobreviviu isolado durante 40 anos

Recuperados os diários do militante anarquista da CNT, Gonzalo Becerra, natural dos Ancares (1910-1976)

Gonzalo Becerra Souto sobreviviu oculto (na sua casa!) desde o ano 36 até a sua morte, durante 40 anos en As Nogais (Os Ancares), na sua aldea natal, utilizando un zulo de dous metros cuadrados construído nun lateral da mesma.

O material para reconstruir a sua vida, foi doado hai un mes por Ovídio Becerra, o último dos oito irmáns, aportando luz sobre a dura e longa experiéncia dun home que viviu o maquis...na sua própria casa.

“Eu via-o todos os dias porque viviamos porta con porta” relata Segundo de 89 anos, único viciño de Viladicente, no camiño embostado que conduz ao cimetério. Ali, no panteón dos Becerra, está a lápida de Gonzalo (1910-1976), “perseguido por sus ideales”. Fai un mes que Ovídio, o último dos oito irmaos, decidiu doar a memória de Gonzalo ao proxecto da Consellaria de Cultura As vítimas, os nomes, as voces e os lugares.

Son sete quilos de material, entre papel de barba, cuartillas e códigos cifrados da primeira guerilla. “Era agosto de 1936 porque andábamos seganto”, lembra Ovídio, de 78 anos. “Miña mai viu a uns falanxistas, berrou-me e puden avisar a Gonzalo e Manuel António. Pola noite empezou o laberinto”. O caso é que, en vez de botar-se ao monte, os irmaos de Ovídio decidiron regresar à casa.

Os dous irmaos habilitaron unha cova de dous metros cuadrados, rabuñando pedra e terra, no lateral onde se almacenaba a erva seca, agora reconvertido en baño. “Habia que entrar de cu para poder sair de cara”, resume Ovídio.

Ese foi o seu refúxio durante os primeiros anos da represión, cuando “algúns disparaban contra as paredes por vício”, ou supostos membros da Federación de Guerrillas de León-Galicia perguntaban por Gonzalo de madrugada. Seu pai pagou o siléncio co cárcere.

De como sobreviviu Gonzalo durante 40 anos, rexistrando en papel “absolutamente todo”, ocupan-se agora os investigadores. Sabe-se que facia zocas para os viciños. Ovidio traia-lle de Madrid papel e novelas do Oeste. Tamén paguei-lle uns cursos por correspondéncia que logo valeron-me a min, e unha suscrición ao diário Ya, pero non sei que pasaba que nunca chegou à parroquia”.

“Isto é único”, di o historiador Andrés Dominguez, consciente do peso das vidas ocultas após a represión que non admite foto fixa. Dominguez entrevistou a Ovídio para o proxecto As vítimas... “A família ia ao campo e el ficaba ali coas crianzas, como un amo de casa”.

Dionísio Pereira, entusiasmado tamén co valor dos mazos, considera “moi probábel” que houbera contactado com Abelardo Gutierrez Alba, mítico guerrilleiro anarquista de Cervantes que se uniu a Xosé Castro Veiga O Piloto, en 1946. “O próprio Abelardo non conseguiu enlazar coa CNT orgánica até 1944, sinala Pereira. Alonxados das suas áreas de rego, os paisanos anarquistas ficaron cortados, como a própria Federación de Guerrillas de León-Galicia, inicialmente plural e militarizada en 1945 en plena deriva estalinista. Gonzalo, canteiro en Franza e militante da CNT após a sua experiéncia baixando carbón de Fabero e Ponferrada, en plena revolución de Asturias, non quis saber nada da piedade invertida de Franco.

“Estou orgulloso de non ter que sinalar a ninguén do pobo”, di Ovídio. Todos sabian que en San Xoán de Viladicente habia un agachado, que se aparecia de noite e asustaba às mulleres que recollian cereixas.

Ao final, Gonzalo sobreviviu a Franco. “Era unha perra que el tiña. Está ao cair, está ao cair…Meio ano despois caiu meu irmán, vítima do corazón” â vista de todos e moi ceca da sua casa.

Tirado e traducido dun artigo de Oscar Iglesias no “El País” 4/5/08