admin. 5 Maio, 2008 - 20:37
Antimilitarismo
Anarcosindicalismo
Características
- Intención de agrupar a traballadores para mellorar o nivel de vida deles
- Sen dirixentes nin poder executivo
- Desexo de transformación radical da sociedade. Revolución social
- Sindicato de ramo (sindicato de sanidade, non de enfermeiros ou médicos)
- Quen decide é a asamblea
- Necesítase unha asesoría xurídica
- Comité sindical : persoas nomeadas por votación na asamblea para tareas que non precisa de reunións.
- Comité sindical por secretarias de: propagamda, prensa, tesorería, xurídica, acción sindical, acción social
e secretaria xeral - Comité sindical, limitacións: Non levan salario. Non toman decisións. Poden ser obligados a dimitir pola asamblea. Non poden facer propostas na asamblea.
- Os cargos son impostos pola asamblea. Os políticos non poden levar cargos na CNT. O comité ten que explicar as xestións. Non teñen opinións propias.
- A duración máxima é de 3 anos.
- Nas votacións, tanto políticas coma sindicais, pídese o voto nulo ou o non votar
Actividade da sección
- Coñecer os problemas da xente
- Resolución das cuestións por Acción Directa
- Legalización da sección sindical ante o Estado. Non para ter direito, senón para por exemplo convocar folgas legais
- Localiza-lo inimigo (empresa e sindicato, mais centrándose na empresa)
- Procurar estar presente no comité de seguridade e hixiene do centro. Se non existe promover a súa creación
- Recolectar ao máximo de datos sobre a empresa: beneficios, plantilla, salarios de direitivos....
- Serve para anticiparse aos seus plans represivos
- Editar panfletos
- Procurará que se elixan representantes por asamblea,non por comité
- Votos na asamblea a man alzada
- No caso de folga, procurar estar en maioría no comité de folga
- Sempre a favor do traballador, que non se suban os fumes e fala polo teu sindicato, non por ti.
Prensa e órganos culturais
- Xornal mensual CNT
- Xornal máis antigo é "Solidaridad Obrera" (1907, Catalunya)
- Fundación cultural: Fundación Anselmo Lorenzo (introductor do AIT en España). Aí vai todo o material histórico e arquivos.
Afiliación
- Calquera persoa de calquera idade que non sexa policía, militar,corpos armados ou cargos represivos
Expulsión e sanción
- Só se pode expulsar ou sancionar un afiliado na asamblea do seu sindicato
- Na asamblea, a sanción debe ser orde do día, decir o por que e o acusado ten que haber sido avisado con anterioridade
- Motivos de expulsión:
- Conspirar contra CNT
- Conspirar contra as súas estruturas e formas de funcionamento
- Actuar en contra dos seus acordos
- A acusación que non é probada é causa de expulsión
Principios do anarcosindicalismo
- Autoxestión
- Federalismo
- Axuda mutua
- Mellor sistema de desenrolo en contraposición á competenza Anticapitalista, antimilitarista, anticentralista, antiteísta, antinacionalista... Livertario, comunista, pacifista, laico, internacionalista...
Tácticas do anarcosindicalismo
- Acción Directa
- Sen intermediarios
- Non aos parlamentos, non á maxistraturas, non aos comités, non aos gobernos...
- Non aos picapleitos (ou polo menos intentalo)
Procedementos de loita
- Boicot
- Sabotaxe
- Lábel (selo de aprobación sindical a productos fabricados mediante a supervisión e aprobación do sindicato)
Folga
- ¿Como convocar?
- Acordada na asamblea
- Explicalos motivos
- Comunícase ao empresario e ás autoridades con 5 días de antelación (10 días nos servizos públicos)
- Desenrolo
- O empresario e o comité negocian
- O desenrolo debe ser coñecido polos folguistas
- Debe ser sempre indefinida
- Non debe interferir o Estado
- Piquetes aos esquiroles
- Fin da folga
- A desconvoca quen a convoca
Tipos de folga
- Folga Política: Motivos alleos aos problemas laborais dos traballadores (por exemplo: folga revolucionaria)
- Folga Rotatoria: De forma sucesiva implica a deferentes grupos de traballadores dunha empresa
- Folga Escalonada: Vai de menos a máis
- Paro Parcial: Duración curta
- Folga Xeral: Afecta a todo o sector convocado
- Folga Indefinida: Sen límite de tempo
- Folga Solidaria: Implica a traballadores que non teñen nada que ver co conflicto
- Folga Estratéxica: Sector de traballadores que paralizan a totalidade da empresa
- Folga de Celo: Traballar aplicando minuciosamente o protocolo. Na práctica impide o traballo (é máis ben unha sabotaxe)
- Folga Rompepacto: Realizada cando está vixente o convenio co empresario polo motivo que estimen conveninte os folguistas
- Folgas ilegais: Xeralmente son ilegais as políticas, as rotatorias, as solidarias, as estratéxicas, as de celo e as rompepactos
Máis formas de loita
- Manifestacións, acampadas, panfletos, charlas, xornadas culturais, livros....
Finalidade do anarcosindicalismo
- Transformar a sociedade
- Rematar co sistema capitalista e co Estado
- Medios: Revolución Social (cando o pensamento colectivo dos pobos a ve precisa)
- Papel da anarcosindical
- Aumentar contradicións do sistema
- Clarificarlle aos pobos a mentira
- Clarificar a explotación sometida polo governante
- Estar presente no proceso revolucionario para comezalo e para evitar que sexa aproveitado por minorías, partidos...
- O primeiro é trocar as estructuras sociais e despois trocará a xente
- Se se consegue realizar a revolución, a estructura que tomará a sociedade ha ser o Comunismo Libertario
Finalidade do sindicalismo de Estado
- Oligárquico, elitista e conservador
- Perpetuación do capitalismo
Votos entre Sindicatos Locais
Vótase na asamblea e despois, segundo o número de afiliados da local, vótase con esta táboa de votos:
- De 1 a 50 cotizantes --> 1 voto
- De 51 a 100 cotizantes --> 2 votos
- De 101 a 300 cotizantes --> 3 votos
- De 301 a 600 cotizantes --> 4 votos
- De 601 a 1000 cotizantes --> 5 votos
- De 1001 a 1500 cotizantes --> 6 votos
- De 1501 a 2500 cotizantes --> 7 votos
- De 2500 en adiante --> 8 votos
Direitos sindicais básicos
- Controlar calidade do producto (lábel)
- Convenios negociados directamente por sindicatos
- Direito á negociación colectiva, liberdade de movementos, propaganda e afiliación dentro da empresa (como mínimo)
Reivindicacións sociais
A muller
- Acceso das mulleres a cargos de xestión
na CNT - Debates internos sobre a súa situación
- Educación igualitaria
- Concienciación sobre o papel do home no fogar, que asuma tareas domésticas
- Concienciación no terreo sexual, potenciando e exixindo todo tipo de anticonceptivos
- Rematar coa utilización da muller como obxecto sexual
- Non á discriminación no terreo laboral
- Servicios sociais colectivos (comedores, garderías... 24 horas ao día e gratuíto)
- Derogación de toda lei que discrimine á muller
- Aborto livre, gratuíto e aceptado socialmente
- Promover o empleo de anticonceptivos masculinos (vasectomía e preservativo)
Plans de educación sexual na ensinanza
- Clima de total liberdade sexual
Cárceres
- Apoio a presos asumidos na CNT, por levar ao cabo accións acordadas na asamblea
- Apoio a presos libertarios encadeados polas súas ideas (insumisos ao servicio militar)
- Reivindicación dunha amnistía total, borrado de antecedentes e destrucción de ficheiros
- Sacar do cárcere toda a xente posible
- Colaborar con organizacións e movementos dentro e fora dos cárceres para milloralas
- O 12% da cuota sindical vai para os comités de xurídica e pro-presos
- Axuda a persoas encadeadas
Ecoloxía
- Protección ao medio ambente
- Exixencia de utilización de medios de depuración total de líquidos, gases, ruídos... con cargo ao capital
- Colocar industrias lonxe de nucleos urbáns
- Troco de combustibles fósiles e contaminantes por renovables e limpos
- Estudo das necesidades reais na sociedade
- Reciclaxe de materis primas
- Defensa das zonas naturais
- Axudar e potenciar aos colectivos que actúan no campo ecolóxico ao marxe do Estado
- Control de calidade sindical dos alimentos: non transxénicos
- Respecto aos animais, aos seus alimentos, aos seus hábitats e modos de vida
Antimilitarismo
- Papel do exército
- Planificación do asasinato
- Execución en masa
- Destrucción sistematizada
- Aniquilamento da vida
- Convirte as persoas en máquinas sen voluntade
- Non aceptar ningún servicio militar nin a súa misión "humanitaria"
- Negativa a admitir que obxectores de conciencia ou colaboradores militares traballen nas empresas
- Apoio a o tódolos insumisos e desertores
- Denuncia das empresas e ramos relacionados co militar
- Animar calquera modalidade de insumisión
- Campañas antimilitares en xeral
- Non á incorporación da muller ao exército
- Trasladar o antimilitarismo ao traballo
- Potenciar a obxección de pagar as partes proporcionais de impostos destinadas a gastos militares
- Ante a guerra folga xeral
- Como obxectivo inmediato, desaparición do exército español. Isto inclúe o arsenal, laboratorios, fábricas de armas....
Homosexualidade
- Concienciación do direito á propia sexualidade e á súa forma de vida
- Non á discriminación en razón das características sexuais
- Contra o sistema que a través da administración de xustiza sigue reprimindo a estes colectivos
- Pola liberdade sexual
Nacionalismo
- Estamos a favor de que os pobos vascos, catalanes, galegos, kurdos, palestinos, etc. sexan donos dos seus destinos
- Opoñémonos á creación dun Estado catalán, galego, etc. coa súa policía, a súa moeda, o seu exército, o seu governo e o seu aparello represor
- A nosa alternativa é o Internacionalismo, a Autoxestión, o Federalismo
Relixión
- Combatimos relixións con contundencia
- Especial rechazo á Igrexa católica
Esperanto
- Recoméndase o estudo e a difusión como segunda lingua despois da materna
Temas sen acordo
- Naturismo
- Drogas
- Globalización: Totalmente en contra
O panfleto informativo
- Breve (moitas cousas en poucas palabras)
- Debe lograr que o que comece a lelo teña que rematalo
- Plantéache a que público dirixes o teu panfleto
- Deben tocar direitamente fibras sensibles
A negociación
- Preparala asamblea
- Comisión negociadora
- Recoller o máximo de datos
- Priorizar obxectivos
- Estudar ao equipo oponente
- Leva a negociación ao teu terreo
- A empresa pon 5 persoas (o líder, o bo, o malo, o duro e o conciliador )
- Acorda un orde do día co equipo contrario, e graba ou rexistra dalgún modo a reunión.
- Non deixes que a oposición escriba o acta
- Comeza escoitando con atención ao teu contrario e valora os seus argumentos
- Mostra os teus argumentos e fai unha proposta (sen descobrer as túas tácticas)
- Emplea tácticas dilatorias se todo vai moi rápido ou mal. Interrumpe cando explique e pídelle explicacións
- Responde ás estratexias do adversario.
- As súas tácticas son: ameaza, insulto, farol, intimidación (facéndote esperar), dividirte, facer cuestións de única resposta, chorar,incumplilo pactado...
- Leva a negociación
- Conclúe a negociación
- Se non se chega a un acordo, suspéndese a negociación e endurécese o conflicto
- Negocia con presión: presencia de traballadores dispostos a luitar
- Non xestiones o conflicto
- Firma o acordo






