Prensa obreira

Éxito da caceirolada antisgae

caceirolada antisgae

Esta mesma noite vense de celebrar o acto de protesta convocado polo Komando Antisgae / Acción Cultura Libre que xuntou a preto de 200 persoas na compostelana praza do Obradoiro, xusto diante do Hostal dos reis católicos onde a SGAE celebraba a súa "Noche de los autores".

Durante a hora e media de caceirolada corearonse distintas consignas como: "Copiar, pegar, poder modificar", "Amancio Ortera , copia e pega", "Todos e todas somos creadoras", "Ahí está a cova de Aalíbabá", "Copyleft, cultura libre", "Nos somos piratas, vos sodes ladróns"...Tamén son de destacar os ánimos persoais cos que eran recibidos os asistentes ao acto que ían chegando en taxi, coche de luxo e incluso en autobús.

Así, nin as inclemencias metereolóxicas, nin a abundante presenza policial puideron empañar esta protesta que non foi un feito isolado, senon que é o comezo dunha relación desta cidade coa SGAE, porque pensamos seguir berrando ben alto en defensa dunha cultura libre.

MANIFESTO

Máis info en: http://antisgae.blogaliza.org
Antisgae