Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

En Homenaxe a Joaquina Dorado Pita

joaquina dorado aniversario

O pasado 25 de Xuño, Joaquina Dorado Pita cumpriu 90 anos. E tivo unha festa homenaxe rodeada das suas compañeiras e compañeiros. Montse Fernández, fixo unhas notas bibliográficas desta luitadora anarquista da CNT. Hoxe temos a satisfacción de dispor deste material e publica-lo. Unha aperta Joaquina.

Homenaxe a Joaquina Dorado Pita: Celebramos o seu 90 aniversário
O pasado luns, 25 de XuÑo, Joaquina Dorado Pita cumpriu 90 anos. E tivo unha festa homenaxe: xantar nun restaurante do seu bárrio e despois pastel e cava na sua acolledora casa, onde vive soa. Alegria, camaradaria, mimos, apertas, bicos, poesias, cancións, contos, chistes, risos, cumplicidades, fotos, e moitos ramos de flores e fermosas prantas para alegrar a sua casa e as suas luminosas xanelas, coa cercania dunha praza onde se celebran actividades culturais e lúdicas e desde onde Joaquina ve e oe os risos dos nenos cando xogan, como pasean as nais que os vixilan de perto, e sentan a contar as suas cousas as ancianas e ancianos do bárrio. Como di Neus Catalá, cando fala do campo de extermínio de Ravensbrüc onde estivo confinada, as mlleres teñen unha cualidade innata da que carecen a maioria dos homes: saber rir e mimar-se, até nos momentos máis duros. E así se comprobou no aniverśario de Joaquina.

Quen é esta nonaxenária
Joaquina, é unha galega, nacida en Coruña, de físico diminuto, bela, pequena e delgadiña, mais de corazón, vontade, ideoloxia e valentia xigantes. Comezou a ler “Mundo Obrero” e a “Soli” cando tiña 15 anos. Gustou máis da Soli e as suas conviccións derivaron cara à ideoloxia anarquista. Axiña veu para Barcelona, a traballar, e fixo-o no ramo da madeira, sindicando-se na CNT, onde coñeceu e fixo-se amiga de Eduard Pons Prades, que era algo máis xoven ca ela. Por iso sempre o chamou “peque”, como facian os outros compañeiros/as. E esa amizade, compañeirismo, compromiso e militáncia durou toda a vida, até o pasado 28 de Maio, en que Eduar finou.

Joaquina foi nomeada Presidenta do Consejo Económico y de Administracción del ramo de la madera da CNT de Barcelona, en momentos brillantes de socialización. Mentres o seu amigo Eduard Pons Prades, marchaba à frente, voluntário, non cumpridos ainda os 18 anos.aquina saliu de Catalunya, cara a Franza, cruzando a pe os Pirineos, en Febreiro de 1.939 (montaña que tantas veces volveu atravesar en ambas direccións, clandestinamente). Porque apesar de todo, do risco para a sua própria vida, para a sua integridade física e da dureza da clandestinidade, da prisión, as torturas e a persecución, Joaquina seguiu luitando. E hoxe segue a face-lo, sempre cun sorriso nos beizos, sen aparentar coa sua enganosa fraxilidad física a inmensa fortaleza e valentia que lle dan as suas conviccións, da luita pola utopia dun mundo xusto. Por exemplo foi idea de Joaquina Dorado, Antonina Rodrigo e Conxa Pérez, estabelecer unha homenaxe anual a Durruti, Ferrer e Guardia e Ascaso, que se celebra en Barcelona, cada 20 de Novembro, en nome de “Mujeres Libertarias”.

No libro “Un soldado de la República”, de Eduard Pons Prades, o mellor historiador da guerra, da negra dictadura franquista, dedica-lle unhas emocionadas páxinas à heroina anómina, Joaquina Dorado…. Dicia, máis ou menos, “En mi vida he conocido a unha gran cantidad de mujeres enzarzadas en la lucha por la dignidad del hombre. Pero con la menudita gallega, Joaquina Dorado Pita, de dulce mirar, decir y obrar, frescas 19 primaveras, iría yo de sorpresa en sorpresa… porque durarían 20 años (hoy serían 70)… Sacaría energía, coraje… revolucionaria de ley, siempre modesta, hermética y que ni la muerte de su prometido, que cayó combatiendo por tierras de Aragón, logró erosionar su entereza. Haber llegado a realizar tantas y atrevidas obras, puede deberse a la decisión suya de asumir dos papeles, el suyo propio e el que correspondía a su desaparecido compañero. …”Nos veremos mañana en el sindicato”. “Adiós peque... me dirías”
Non podo deixar de recordar, anque diso a Joaquina non lle gusta falar, que sufriu salvaxes torturas, patearon-lle un ril, que lle destrozaron e abandonaro-na crendo-a morta. Uns compañeiros libertários curaro-na con esmero, aplicando-lle medicina naturista. E axudaro-na a pasar a fronteira francesa, atravesando os Pirineos. Ela colaborou con Quico Sabater. E seguiu a sua luita clandestina en Franza e en España, sendo salvaxemente perseguida. Hoxe, a causa das torturas, trata-se en Barcelona (onde regresou recentemente desde Franza) poos graves problemas de ril que padece. Aquí, en Barcelona, atopou un nutrido grupo de vellas e novas amigas, coas que sae, milita, ri e pasa feliz eses 90 años espléndidos, luitando e soñando con que un mundo mellor é non só necesário mais tamén posíbel…

As mulleres son as grandes esquecidas da história
Non podemos deixar de recordar hoxe na celebración do 90 aniversário de Joaquina, que as mulleres foron e seguen a ser as silenciadas. As suas heroicidades nunca se contaron, nunca se valora na sua xusta medida a sua inmensa aportación à luita e à paz. Non debemos esquecer às que sen descanso traballaron fora e dentro, esconderon presos políticos, elas mesmas foron torturadas, humilladas, exiliadas, traballaron en fábricas e talleres, estiveron na frente e na retaguarda, foron militantes políticas e axitadoras sindicais, levaron comida aos seus presos, mantiveron à própria família e a de outras/os, coidaron nenos, enfermos, feridos e ancianos. e nunca, ou case nunca, aparecen na história como o que son , heroinas, como é Joaquina, à que na celebración do seu 90 aniversário só a agasallaron un nutrido grupo de mulleres… Non houbo na festa nen un só home, nen un só compañeiro, apesar de ter sido invitados. Amigas periodistas, historiadoras, advogadas, escritoras, traballadoras sociais, funcionárias da universidade… e o recordo cariñoso, solidário e de felicitación a tan larga e prolífica vida, de Sara Berenguer (en forma de poesia), enviado desde Franza. E a nota escueta, anque cariñosa, dun só hore, Rafa Mestre, da Fundación Salvador Seguí (o Noi del Sucre), desde Valencia.

Montse Fernández-Garrido