Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Sobre a Lei de Memória Histórica

memoria historica CNT

Comunicado do Secretariado Permanente da CNT-AIT

Nos últimos tempos oe-se falar sen cesar da memória histórica e a proxectada Lei. Sen embargo, esa Lei -que acaba de ver a luz- deberia ter sido innecesária se se tivese producido a rotura co réxime franquista que a nosa Organización preconizaba e que o pobo agardaba; dita rotura non foi posíbel grazas aos chamados Pactos da Moncloa, de cuxa sinatura cumpre-se agora o trixésimo aniversário.

Os citados Pactos non foron outra cousa que unha componenda política, por meio da que os franquistas conseguiron a impunidade para todas as sus falcatruadas e, ademáis, as mal chamadas esquerdas aceptaron ao rei imposto polo dictador, a bandeira “rojigualda” e outros símbolos e institucións (con razón dixo Franco reiteradamente que deixaria todo atado e ben atado); ou sexa, en vez de rotura, continuismo; ou, o que é o mesmo, victória clarísima dos responsabeis da represión e os seus colaboradores, con só dar aos roxos algunhas faragullas.

Para @s cenetistas e @s anarquistas a mencionada Lei é duplamente inecesária, porque a memória nunca a perdemos; mais ao contrário, porque somos revolucionári@s e ser revoluciánari@ é, tamén, ter unha memória de elefante. De feito, desde o mesmo momento da victória do exército franquista a CNT e o movemento libertário comezaron a edición dun sennúmero de libros e folletos, co fin de impedir que @s traballador@s e o pobo esquecesen os crimes dos franquistas ou coñeceran-os se ainda ficaban ocultos. A lista de publicacións (por non citar artigos de prensa) poderia ser case infinita.

Aliás, temos tan boa memória que o lembramos todo; é dicer, que lembamos os crimes dos totalitarismos de todas as pelaxes, tanto do franquismo e os seus aliados nazifascistas como dos esbirros de Staline. A CNT nen esquece nen esquecerá às compañeir@s mort@s en combate durante a Guerra Civil Revolucionária 1936-1939, aos que morreron ante os piquetes de execución, às torturad@s, aos innumerabeis pres@s, às que foron asasinad@s nos campos de concentración nazis, a tantas mulleres violadas, humilladas ou asasinadas; e así sucesivamente. Pero tampouco esquecemos nen esqueceremos os crimes do estalisnismo e os seus lacaios do Partido Comunista de España. Como imos esquecer às compañeir@s asasinad@s porque se negaban a filiar-se ao partido da fouce e o martelo, aos compañeir@s executad@s na frente por negar-se a admitir un grao militar cando se producio a militarización das milícias ou às torturad@s e executad@s nas checas do bolchevismo español baixo os auspícios da polícia política soviética, a temíbel GPU? Como imos esquecer as tropelias de Enrique Líster, disolvendo as colectividades en Aragón, ocupando as sedes da CNT e devolvendo os títulos de propiedade aos burgueses? E como non lembrar os feitos de Maio de 1937, cando os comunistas autoritários –coa axuda da UGT controlada por eles e das forzas de Orde Público da Generalitat– atacaron à CNT, pretendendo a sua destrucción? É que imos esquecer os asasinatos de Camilo Berneri e outr@s compañeir@s, ou os dun numeroso grupo de moz@s libertári@s durante os sucesos de Maio? Ou, por remontar-nos un pouco máis no tempo, non esquecemos tampouco os crimes das forzas represivas do Goberno da República en Casas Viejas ou en Arnedo, ou o bombardeo de Casa Cornelio, de Sevilla.

A Lei de Memória Histórica, ademáis de que debera ter sido inecesária, chega tarde e queda moi corta. À morte do dictador, sen necesidade de lei nengunha, e sen agardar 30 anos, o pobo traballador teria sabido facer justiza con toda unha caterva de criminais que -como o su xefe Franco- foron morrendo na cama, con toda tranquilidade. Non obstante, ainda se está a tempo de facer algo; por exemplo: que se exixan responsabilidades aos franquistas supervivintes (políticos, militares, eclesiásticos, empresários ou membros dos sindicatos verticais), que se declare nula de pleno direito toda a lexislación franquista e os actos administrativos ou xurídicos represivos derivados dela, que se eliminen todos os símbolos do réxime dictatorial (monumentos, lápidas nas igrexas, cemitérios ou edificios públicos, nomes de vias públicas, estabelecementos sanitários ou centros de ensino e calquera outra referéncia à máis sinistra época da história do Estado Español), que se indenice debidamente a cant@s sufriron persecución e se lles rehabilite públicamente, e que se devolvan de oficio os inmobeis, mobeis, documentos e bens de todo tipo que foron incautados (ou por mellor dicer, roubados) en base á Lei de Responsabilidades Políticas e lexislación conexa.

Non é muito o que pedimos. Quitaron-nos muito máis.