Enquisa HostaleríaDigna

Enfrentamentos en Roma entre antifascistas Italianos e fascistas españois

enfrontamentos anarquistas fascistas Roma

Un mozo de tendencia anarquista foi detido pola protesta levada a cabo na porta dunha iglesia de Roma confiada ao Opus Dei, na que varias persoas da mesma ideoloxía colocaron unha pancarta contra a beatificación dos 498 "mártires" españois, orixinando unha pelexa cos fieis.

Fontes policiais informaron de que varios xóvenes pertenecentes aos centros sociais "Militant" e "Facciamo breccia" despregaron na porta da basílica de San Eugenio, confiada ao Opus Dei, unha pancarta na que estaba escrito: "Quén asasinou, torturou e explotou non pode ser beato".

Xunto á pancarta colocaron unha reproducción do "Guernica" de Picasso.

Cando saíron os fieles de misa e viron a pancarta increparon aos xóvenes, rexistrándose algúns empuxóns, gritos, insultos e intentos de rompela. Carabineros (policía militarizada) dun cuartel cercano acercaronse ata o lugar para normalizar a situación.

Segundo os xóvenes, os fieles tentaron agredilos físicamente, mentras lanzaban frases nas que se ensalzaba a Franco.

Os axentes atoparon nunha furgoneta dos rapaces unha cámara de vídeo e de fotos, coa que tiña grabado o altercado. Da visión, precisaron as fontes xudiciais, desprendese que non houbo agresións, senon unha discusión acalorada.

Un dos xóvenes foi detido e se lle está a tomar declaración polo ocurrido.

A basílica de San Eugenio atopase na Praza delle Belle Arti, na zona da vía Flaminia (norte de Roma), cerca da rúa Bruno Buozzi, onde ten a súa sede central a prelatura do Opus Dei, que a Santa Sede encomendou aos sacerdotes da Obra.