Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Acebo 1937-2007. 70 anos na Memoria

Moreno_Coperativa
Cando o 11 de Agosto pasado a “Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica” empezou a exhumar as foxas dos compañeiros do Batallón Galicia asasinados na vertente asturiana do porto do Acebo (Grandas de Salime), militantes dos sindicatos da CNT de Galiza e Asturias fixemos acto de presencia no lugar para render un homenaxe a aqueles loitadores.
Entre os destacados militantes anarquistas que se supón que foron asasinados no Acebo estaban Emilio Novás Naya, organizador da Federación Comarcal Campesina de San Pedro de Nós, Manuel Ramos Escariz, cadro do Sindicato de Industria Pesquera de Cariño, Serafín Varela Platero, integrante do Sindicato General de Trabajadores de Lugo (pensase que este podería estar por Cataluña na época dos asasinatos), e Maximino Martínez Fernández, presidente do Sindicato de Campesinos y Oficios Varios de Pontenafonso.
Segue sen aparecer a foxa de José Moreno Torres, comandante do batallón e destacado militante cenetista. Panadeiro anarquista coruñés que ocupaba cargos no comité da CNT Galega, na Federación Local Obrera de A Coruña e na direción do xornal “Solidaridade Obreira”. Formou parte de importantes folgas que tiveron lugar naquela cidade durante os anos 30.
Esta fin de semana o S.O.V. da CNT de Lugo vaise desprazar unha vez máis ata o lugar dos feitos para apoiar os actos de homenaxe que van ter lugar no Acebo (o sábado 27 pola maña) e na Fonsagrada (ese mesmo día as 6 da tarde).
Este sindicato convoca a participar a todos aqueles militantes, e interesados, en render homenaxe a aqueles loitadores, heroes anónimos para moitos, e para nós,reflexo da valía de toda a clase traballadora que non dubidou en levantarse contra o capital e contra o fascismo.
Nin esquecemos, nin perdoamos.
Acebo - Grandas de Salime