cnt cnt

Concentracións na cafetaria R&H de Compostela

Compostela. 29 Setembro, 2007 - 20:45

concentracion CNT RH Compostela

Tres concentracións levou a cabo a CNT de Compostela esta semana diante da cafetaria R&H, sita na Rua Ramón Piñeiro. Esta cafetaria adebeda a un afiliado a cantidade de 4800€ en concepto de horas extraordinárias, vacacións e a nómina do último mes que traballou en dito estabelecemento.

Como é habitual na hostaleria compostelá, a explotación na cafetaria R&H é o habitual para @s traballador@s. O ex-traballador realizaba sistematicamente por volta de 15-20 horas extras à semana, estando contratado cun contrato de apenas 20 horas semanais (de forma que fican proibidas as horas extras). Cando o traballador decidiu reclamar a cantidade que legalmente lle corresponde, o empresario da Cafetaria R&H negou-se rotundamente a saldar a sua débeda.

Nas concentracións levadas a cabo diante do seu estabelecemento desde a CNT informabamos à veciñanza e clientela da precariedade e explotación à que se viu submetido o ex-trabalaldor da cafetaria. Esto non debeu gustar-lle ao empresário, que chamou à polícia nas tres concentracións.

A actitude da polícia foi en todo momento a de defensa do empresário, por suposto non do traballador agredido nos seus direitos laborais, intimidando aos manifestantes que simplemente exercían pacificamente os seus direitos, rematando por requisar as bandeiras que portaban e finalmente denunciar a tres compañeiros da Confederación por resisténcia e desobediéncia.

Desde a CNT comunicamos que continuaremos a campaña de denúncia contra a cafetaria R&H até que pague o que adebeda ao noso compañeiro, apesar de todas as intimidacións policiais ou denúncias do empresariado.


  Confederación Nacional do Traballo