cnt cnt

A CNT denuncia á empresa REPASA.

Compostela. 14 Setembro, 2007 - 20:28

O delegado da Sección Sindical na empresa REPASA, de Tarragona, denunciou en decembro de 2006 várias irregularidades acontecidas na empresa REPASA, Remolcadores de Puerto y Altura S.A., que amosan claramente a vulneración de várias normas en matéria de seguridade marítima, como a saida ao mar de remolcadores sen o correspondente despacho da Capitanía Marítima de Tarragona ou a prestación de servizos por parte dos remolcadores sen contar coa tripulación mínima necesaria, poñendo en perigo claro e grave tanto o desenvolvemento normal do porto de Tarragona como a vida e saude das tripulacións.

Posterioremente, en marzo de 2007, novamente o delegado sindical da CNT na empresa REPASA, que é un mariñeiro galego, denunciou outravolta unha xeira de irregularidades realizadas pola empresa que novamente poñian en perigo a vida, saude e seguridade das tripulacións e mesmo do porto en xeral, constatando con nomes e apelidos a auséncia de tripulación á hora da realización de certas manobras.

Perante a falta de resposta e a auséncia de actuación por parte da Capitania Marítima de Tarragona, o 20 de agosto de 2007 é apresentada unha nova denúncia na devandita Capitania advirtindo-lle de que o siléncio administrativo e a lacazaneria na sua actuación non a exime das responsabilidades que se poidan producir "por el incumplimiento de las normas mínimas de seguridad con las que un buque se debe hacer a la mar" ou permanece en "standby" no porto de Tarragona "donde se cargan y descargan productos de elevada toxicidad y peligrosidad".

O descontrol administrativo nos portos españois é cada vez máis manifesto, como tamén que a pirateria campa na actuación dos armadores e que existe unha falta absoluta de profesionalidade nas tripulacións contratadas, en ocasións persoas que non viron o mar nen saben como é a vida nun buque nen os traballos a desenvolver. A CNT denúncia que a situación do porto de Tarragona é similar á que acontece en vários outros, tamén nos galegos, onde se desembarcan mercadorias alimentícias sen os correspondentes visados de Sanidade.

Por último, informar que o noso Delegado da Sección Sindical na empresa REPASA foi despedido por montar a sección sindical e posteriormente readmitido tras unha sentenza de despido nulo; após a súa reincoporación á empresa, foi sancionado de emprego e salário durante seis meses por continuar denunciando o caos que reina no peirao de Tarragona, o perigo que supón que empresários ruíns fagan o que lles veña en gaña poñendo en manifesto perigo a vida dos traballadores e da cidadania en xeral, e a postura adoitada pola Administración que deixa facer sen atender con celeridade ás denúncias apresentadas polo noso sindicato.

O compañeiro, logo de ser readmitido, leva xa máis de 100 dias de suspensión de emprego e salário. Non podemos tolerar que unha vez gañado o conflito polo despediemnto, o empresário consiga de novo despedi-lo e continue acosando, perseguindo e represaliando ao delegado de CNT.

Mentres a CNT de Tarragona declara que se reemprenderán as accións de denúncia e presión, solicitamos-vos que chamedes aos seguintes números solicitando o cese do hostigamiento ao delegado sindical da CNT en REPASA:

977 20 73 15 (enderezo particular)
629 388 480 (movil empresário)
977 25 12 63 (oficina REPASA)


  Confederación Nacional do Traballo