Enquisa HostaleríaDigna

Acto de homenaxe aos cenetistas asasinados en Cerdedo

monumento homenaxe cenetistas CNT cerdedo

A Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" de Terra de Montes organiza un acto de reposición da placa no monumento aos mártires cerdedenses Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, asasinados o 13 de agosto de 1936 pola sua militáncia cenetista. O acto será o sábado dia 15 de setembro, às 12:30, na Ponte do Barco (Pedre-Cerdedo).

Tráta-se da reposición por vez terceira da placa conmemorativa de estes asasinatos de Pedre, na Terra de Montes, sempre retiradas e insultadas así por elementos fascistas, que xa destruiron duas veces tal monumento. Familiares e descendentes, amizades, veciñanzas e xentes solidárias das persoas homenaxeadas, son insultados máis unha outra vez, ao enlixar con esas actitudes fascistoides e violentas, as memórias das represións.

Desde a CNT chamamos a participar no acto convocado por Verbo Xido, para que actos como estes non se repitan nunca máis, para honrar aos heroes populares que deron a vida por un soño de xustiza e igualdade para tod@s, para lembrar que o fascismo segue presente e desterra-lo finalmente das nosas vias.