Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Homenaxe no peirao do Portiño (San Pedro de Visma)-A Coruña

Homenaxe no peirao do Portiño (San Pedro de Visma)-A Coruña
Venres día 9 ás 19,30 h.

Despois do golpe militar de 1936, militantes do poderoso sindicato de traballadores do mar da Coruña, o “Despertar Marítimo”, da CNT, foron quen de preparar varias fuxidas por mar. Nelas marcharon os militantes máis comprometidos na resistencia e moita xente moza que desexaba evitar a chamada a filas no exército franquista. Despois de varias fugas exitosas en outubro e decembro de 1936, veu a fuga do Monte de San Pedro. Nela, varios militantes anarcosindicalistas coruñeses serían introducidos polos sindicalistas pesqueiros en dos barcos que ían sair a faenar, o “José” e “Generoso Linares”. Unha vez en alta mar, os barcos serían asaltados polos mariñeiros e militantes libertarios, para ir recoller a toda a xente que acudir á ensenada do Portiño.

Mais a fuga frustrouse porque alguén se foi da lingua e os asaltantes tiveron que desembarcar antes da saída dos barcos. Pola súa parte, varios dos homes que ían marchar tiveron un encontronazo cun empregado da radio costeira, no Monte de San Pedro, e a alarma fixo que a guarda civil copara a zona e detivera a 28 persoas. O resto de fuxidos, até unha cifra cercana á centena, tiveron que escapar polo monte, nadando, ou nos pequenos botes cos que ían embarcar nos pesqueiros. Varios homes morreron afogados ao tentar fuxir. Dos detidos, 15 foron exectuados a comezos de outubro de 1937, mentres outro, o irmán de Pucho Boedo, detido posteriormente, era tamén executado.

Malia a selvaxe represión contra os fuxidos do Monte de San Pedro, o “Despertar Marítimo”da CNT seguiu organizando fugas até práticamente finais de 1938. Sen querer aproveitar algún dos embarques para fuxir, o antigo militante pesqueiro Manuel Montes se mantivo na Coruña cooperando na organización das fuxidas até que foi detido e asasinado na súa casa.