Enquisa HostaleríaDigna

Cronica da declaración do Historiador Dionisio Pereira

Hoxe as 11:00 da mañá, no xulgado de paz de Cerdedo, declarou o Historiador Dionisio Pereira, apoiado por corenta amig@s, compañeir@s historiador@s, unha representación da CNT Galega e xente de ben en xeral.

A familia do falanxista ex-alcalde de Cerdedo e "presunto"(como din nun veciño país) represor atopabase xa dentro do xulgado,alí entraron Dionisio Pereira e a presidenta da Asociación Verbo Xido para declarar pola primera das duas acusacións; saindo dez minutos despois sen terse retractado de nada. Do mesmo xeito se produxo a segunda declaración as 11:30, dandose as mesmas circunstancias, pasadas as 11:40 saia pola porta Dionisio Pereira entre os aplausos dos alí congregados.Mentres, a familia do "presunto"(vestida coma o catálogo de outono de "el corte ingles"), se escabullía non sin antes escoitarse un viva franco, ben baixino coma fan os cobardes. Alguén dos presentes o espresou moi ben "de padres lobos, hijos lobitos".

Esperamos que esta publicidade que os "lobitos" estan dando o libro A Represión en Cerdedo e os historiador@s coma Dionisio Pereira sirva para que a verdade chegue a moita mais xente, e que Dionisio e demais historiador@s doblen o seus esforzos recuperando a memoria do noso pobo asasinado,reprimido e obligado a vivir nunha longa noite de pedra que os "lobitos" queren que siga moitos anos.

SAUDE OS QUE LOITAN.