Fora a seguridade privada da USC
Algúns non lembran pero desde hai máis de 20 anos a USC ten contratado un servizo de vixiláncia privada que hoxe quere reducir
Alguén ten idea do que custa cada ano o servizo de vixiláncia privada?
Alguén ten idea da morea de decenas de millóns de pesetas, de miles de euros que se leva embolsado a empresa PROSEGUR por emprestar servizos de vixiláncia privada na USC?
Intencionadamente, a empresa PROSEGUR está a movilizar ás persoas que traballan no servizo de seguridade privada da USC para manter até o infinito e máis aló a contrata actual e tamén con retorta intención tenta equiparar os servizos de seguridade privada cos servizos de limpeza, mantemento e xardiñeiria cando cada un pertece a sectores laborais moi diferentes e difÃcilmente equiparábeis no tipo de traballos a desenvolver. Para poñer un exemplo claro: un picoleto non é o mesmo que unha enfermeira.
A polÃtica privatizadora das diferentes comandáncias da Universidade de Santiago de Compostela leva anos cunha deriva privatizadora de servizos, polÃtica que contou e conta co beneplácito dos sindicatos. O resultado de privatizar todo o privatizábel é este: non hai cartos para case nada.
Agora, os responsábeis do disparate que panden coas consecuéncias das suas polÃticas.
Nós non temos queréncia algunha polas empresas de seguridade privada por vários motivos: porque cando imos á folga, están frente a nós, as veces impidindo o paso e às veces tamén teñen apontado o nome das persoas que veñen traballar durante unha xornada de folga; en numerosas ocasións, foron os servizos de seguridade privada os que arrincaron cartaces e pegatinas de centrais sindicais e recolleron panfletos para botá-los ao lixo... e hoxe resulta que son os empregados das empresas de seguridade privada os que lanzan panfletos ou colan os seus cartaces onde lles peta.
Tampouco gostamos de que se faga unha ficha polÃtico-social e se graven en teléfonos móveis ás persoas que manifestan o seu rexeitamento lexÃtimo ás polÃticas privatizadoras da administración universitária, como tampouco pode ser recebida a fervenza de veladas ameazas contra os que non estamos conformes coa existáncia de empresas de seguridade privada.
E resulta penoso saber que sindicatos de clase e liberados sindicais que non a rañan (pero enchen a boca falando de independéncia e de Euskadi) están emocionados pola perda de postos de traballo cando viron desfilar pola USC centos de interinos e contratados laborais sen que botaran unha bágoa estes sindicalistas liberados con posto de traballo asegurado.







