Prensa obreira

Non son traballadores, son represores!

http://www.cntgaliza.org/files/seguretas_0.jpg Onte os guardas de seguridade da USC, da empresa Prosegur, realizaban unha concentración diante do reitorado para exixir que se conserven a totalidade dos seus "postos de traballo", pois ao parecer no novo concerto que asine a universidade estes reduciran-se á metade.

En resposta, un grupo de militantes da CNT concentrou-se enfrente dos "seguratas" para lembrar-lles, baixo a lenda "Só hai unha cousa máis importante que o amor a liberdade, o ódio a quen cha quita", que non os queremos, nen na USC nen en calquera outro lugar.

Desde CNT consideramos que a seguridade privada non é un traballo, senon un corpo represor máis, encargado de administrar a violéncia e extender o control social desde un ámbito diferente ao da polícia.

A preséncia da seguridade privada, mantida desde a eterna apelación á seguridade frente "as violacións e o vandalismo" (un portavoz de UXT dixit) non só é innecesária, senon lesiva, tamén para os traballadores, pois os "seguratas" usurpan postos de traballo (nas bibliotecas e nas residéncias, por exemplo) que debían ser desempeñados por persoal de servizos da USC.

Desde CNT denunciamos tamén aos sindicatos que decidiron apoiar a este corpo represivo e para-policial, evidenciando outra volta o seu posicionamento contra a clase traballadora. Lembramos que cando @s fill@s d@s obreir@s nos mobilizamos por unha universidade pública e gratuita, fomos várias veces repremid@s polos prosegures. Cando nos mobilizamos polo mantemento das residéncias públicas mentres o reitorado eliminaba prazas e aumentaba os prezos, tamén fomos duramente repremid@s polos prosegures. Lembramos tamén aos prosegures levando a conta d@s traballador@s que secundaban folgas.

Finalmente, lembrar-lles aos "seguratas", que esta mañá se dedicaban a lanzar ameazas contra @s militantes que nos concentramos onte ante o reitorado, que faremos o que queiramos segundo nos dicte a nosa conciéncia, e que seguiremos a desexar unha sociedade sen violéncia, sen represión, unha sociedade libre, e que así sempre pularemos nesta dirección.