8M: folga xeral feminista

Caso Granado-Delgado, ou o franquismo que segue entre nós

Nestes últimos días ocuparon espazo nos rotativos e tempo nas televisións duas notícias que non poden deixar de relacionaren-se, ainda que os meios de comunicación as apresenten cada unha polo seu lado. Por unha parte, o proceso de Lei de memoria histórica iniciou a sua andadura parlamentar, con opinións divididas à direita e à esquerda.. Por outra banda, o caso dos compañeiros anarquistas Francisco Granado e Joaquín Delgado, que voltou sair à lus pública ao denegar a Sala do Militar do Tribunal Supremo a autorización para interpor un recurso para revisar a sentenza que os condenou a morte en 1963. Ben é verdade que dous magistrados, Angel Juanes e José Luis Calvo, opuxeron-se a esta decisión, mais a maioría obtida cos votos dos outros tres magistrados simboliza a pervivéncia, tantos añns despois, do mesmo espírito de crueldade e vinganza que caracterizou a ignominiosa ditadura fascista que padeceu este país por cuarenta anos.
Desde o ámbito da política quere-se levar adiante unha lei para a reparación moral das vítimas do franquismo e a Guerra Civil, un proxecto de lei co que a CNT ten-se mostrado mui crítica, pola sua tibieza, que a fai un mero instrumento para ficar ben perante a progresia, mais que non repara às vítimas ao non permitir a revisión dos xuízos e as condeas, deixa ao albur das subvencións a localización de fosas, etc. E neste contexto, aparez de novo o cado dos compañeiros Granado e Delgado, dous iñocentes, como tantas veces repetimos, que precisan unha reparación digna por meio da revisión e anulación desa montaxe falsa e criminal que o Estado franquista organizou en tan só 17 dias. Un caso, o de Francisco e Joaquín, que ven a impugnar esa lei de memoria que agora queren tirar para adiante.
En 1977, 50 anos despois do crime de Estado cometido en EEUU contra Incola Sacco e Bartolomeu Vanzetti, o Estado de Massachussets declarou inocentes aos anarquistas italianos. En España pasaron xa 43 anos desde aquel fatídico 17 de Agosto de 1963 e, apesar da declaración dos verdadeiros autores (Sergio Hernández e Antonio Martín), apesar da constáncia e tenacidade de familiares e amigos, ainda seguen Francisco e Joaquín co selo da sua condea inxusta no sumário, na História oficial. E este Estado “democrático” fai-se valedor, deste xeito, de ser continuidade do seu predecesor, da ditadura, da que continuamente quere desmarcar- mais da que non remata de tirar lastre.
Os familiares dos executados, reclamaron ao TS que anulara a sentenza e lles declarara inocentes, despois de que Martín e Hernández confirmaran a sua autoria. No seu recurso de revisión alegaron que ambos anarquistas foran ejecutados sen que houbera provas contra deles “pola sua pretensa ao Movimento Liberário, sendo a sua ideoloxia a enxuizada e non os factos concretos que se lles puderan impurtar”.

Desde a CNT pedimos a revisión e anulación do xuízo de Francisco Delgado Gata e Joaquín Delgado Martínez; a reparación moral de dous inocentes, vítimas da máis cruel represión da ditadura, executados a garrote vil para maior opróbio, pois até na pena de morte hai graos, clases : os anarquistas non merecian nen siquer ser afusilados. Xa o povo os ten por uns loitadores e inocentes. Tan só se exixe que o Estado, por vergoña, repare na medida que lle corresponde o asasinato de “Estado” dos nunca esquecidos Francisco Granado e Joaquín Delgado.
Para más información: www.cnt.es/noticia.php?id=1410
www.cnt.es/noticia.php?id=2615