8M: folga xeral feminista

Acto de homenaxe aos cenetistas asasinados de Cerdedo

Setenta persoas asistiron o pasado domingo, 12 de Novembro, á reinauguración do monumento a duas vítimas do fascismo en Cerdedo, homenaxe levada a cabo pola Asociación Cultural Verbo Xido. Francisco Arca e Secundino Bugallo, así se chamaban. Eran militantes da CNT.

O monumento tivo que ser reinaugurado, pois despois da primeira homenaxe en Agosto deste ano, fora brutalmente destruido polos fillos dos asasinos de setenta anos atrás.

O acto contou coa preséncia do fillo de Francisco, Rogelio arca que, orgulloso do que era, un militante confederal, un verdadeiro revolucionário, pediu portar a bandeira da CNT durante o acto. Despois de lembrar quen eran Francisco e Secundino, e de condear a agresión fascista que sufrira o monumento, tomaron a palabra viciños e familiares dos asasinados. Tamén falou a compañeira Rosa Bassave pola CNT, que nos convidou a non esquecer quen eran Francisco e Secundino: eran obreiros, anarquistas e revolucionários internacionalistas. Tamén a non esquecer que foron asasinados por estar a construir un mundo novo para a clase operária, un mundo sen explotadores nen explotados.

Para rematar o acto, entonou-se con emoción o hino confederal "A las barricadas" e o hino do internacionalismo proletário "A internacional", e levou-se a cabo a ofrenda dun ramo de flores e dun pano confederal.