8M: folga xeral feminista

Reinauguracion do Monumento en Pedre

Este Domingo dia 12 as 12 da maña no lugar da Ponte do Barco (Pedre)reinugurase o monumento en homenaxe a Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, compañeiros da CNT de Cerdedo, asasinados salvaxemente polas hordas fascistas o dia 12 de Agosto do 1936.
O monumento foi promovido pola Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”, leva xa tempo a traballar na memória destes e doutros traballador@s represaliados.
Poucos dias despois da inauguracion o monumento foi atacado, e este domingo volvera a colocarse no seu lugar para que ali permaneza o recordo da barbarie contra o pobo, e mostrar os que atacaron o monumento que xa non se lles ten medo.
Ali estara o sindicato CNT recordando os seus compañeiros asasinados e apoiando a xente de Terra de Montes e para levantar a cabeza e non baixala fronte os asasinos de onte e os fascistas de hoxe.