8M: folga xeral feminista

Benalup-Casas Viejas. O negócio da "memória"

http://www.cntgaliza.org/files/casasviejasdos.jpg No verán de 2005, o alcalde Benalup-Casas Viejas e Presidente da Deputación Provincial de Cádiz, Francisco González Cabaña, e o promotor do entón Hotel Libertaria, Miguel Ángel Fernández, apresentaron un hotel chamado “Libertaria”, subvencionado con fondos Leader, que ía ocupar entre outros o solar onde, en Xaneiro de 1933, foron asesinados 22 traballadores e traballadoras anarquistas e anarcosindicalistas, veciños de Casa Viejas. Hai que decatar-se que esa matanza se fixo baixo o réximen republicano que con tanto papanatismo andan reivindicando os restos do comunismo en despedida.
De seguida xurxiron protestas contra o que se considerou unha ofensa e unha frivolidade cara a memória do movemento obreiro e da CNT.
Durante as semanas siguientes, como consecuéncia de diversas xestións, fixo-se público que o hotel mudaria a sua denominación por outra que non fixera referéncia á matanza praticada polas autoridades republicanas pero se mantivo a idea de crear unha Fundación de carácter cultural chamada “Sucesos de Casas Viejas”, que relaciona o negócio con aqueles lamentábeis acontecementos.
Calquer persoa, de onde sexa e profese o credo político que sexa, comprenderá que estamos ante un acto de canalización, de mercantilización dun acontecemento histórico que trouxo sangue e dor a centos de familias e unha represión indiscriminada sobre a CNT e o movemento anarquista.
Hoxe, o hotel chama-se “Hotel Utopía”. E no proxecto están algúns dos máis altos cargos do PSOE da provincia de Cádiz.
Que memoria histórica está a recuperar, con tesón e talante, o PSOE?.
Que mostras máis de indignidade teremos que aturar dos que agora governan?.
Que reflexión sobre o pasado faremos da man destes comemerdas?.