8M: folga xeral feminista

"La Voz de Galicia" contra a memória histórica. Canallas !

A CNT quere denunciar públicamente a postura adoitada polo xornal “La Voz de Galicia” en relación con unha esquela que familiares dun cenetista asasinado tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 pretendian publicar no devandito xornal.

La Voz de Galicia, cos seus responsábeis ao frente e en especial con ese falabarato que lle chaman Santiago Rey Fernández Latorre, enche-se a boca coa palavra "País" e proclama aos catro ventos que está para defender o País e os seus intereses.

Mentira !.

La Voz de Galicia rexeitou publicar unha esquela sobre un cenetista asasinado precisamente por iso, porque incluia a palavra "ASASINADO". A CNT entende que os seus familiares son livres de cualificar a morte do seu devanceiro e entende que non está nada lonxe da verdade histórica cualificar como ASASINATO esa morte.

Estes son os que chaman "profesionais da información". Estes son os "medios independentes". Menuda sarta de canallas.