Enquisa HostaleríaDigna

CNT denuncia o horario de verán da Xunta

  • Cumprindo o anunciado días atrás a CNT ven de presentar demanda contra a Xunta por mor da  exclusión de persoal da aplicación do horario de verán
  • As denuncias presentadas, tanto no xulgado do social como no contencioso administrativo, pretenden garantir o dereito á aplicación do horario reducido de verán á persoal que viña desfrutando con normalidade del ata este ano, incluíndo ao persoal que exerce redución de xornada

A denuncia interponse tras a difusión dunha nota aclaratoria por parte da Xunta segundo a que o persoal con xornada reducida non desfrutará este ano da xornada de verán, así como o persoal suxeito a horarios especiais, persoal con redución de xornada e persoal a quendas.

A CNT denuncia as "obscenas" actitudes da Xunta que impide, unha vez máis, o exercicio pleno dos dereitos de conciliación do seu persoal, e califica a medida unilateral adoptada pola Xunta como unha “modificación substancial da xornada de traballo inxustificada, ilícita e discriminatoria”.

Segundo a CNT, trataríase dunha medida nula, “xa que a exclusión de un grupo de traballadores/as dun dereito laboral polo simple feito de ter dereito a redución de xornada por coidado de fillos ou por traballar a quendas resulta contrario ao principio de igualdade.”

Afíliate! http://www.cntgaliza.org/?q=afiliate

 

Noticia relacionada:

 

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia

sindicato-cnt@xunta.gal // galiza@cntgaliza.org

www.cntgaliza.org/?q=xunta