Enquisa HostaleríaDigna

A CNT demanda ao GRUPO CONVERSIA por despedimento nulo

 

  • A empresa despide a unha traballadora como represalia á súa pertenza ao comité de folga da CNT na convocatoria da folga de 24 horas do pasado 8 de Marzo
  • A empresa oculta a causa do motivo en causas económicas e organizativas inexistentes

A CNT interpón unha demanda por despedimento nulo contra o Grupo Conversia, motivada pola acción represiva ante o intento de organización da loita sindical feminista. A empresa despide a traballadora alegando causas organizativas falsas mediante as que pretenden encubrir o carácter represivo do despedimento.

A empresa alega a necesidade de centralizar a actividade de teleconcertación nas oficinas do Prat de Llobregat para extinguir o contrato da traballadora, pero sen sinalar que outras traballadoras exercen estas mesmas funcións desde outros puntos e oficinas do Estado, incluso o propio responsable do departamento, o que “fai máis evidente a falsidade das causas aludidas”, segundo se le na demanda.
Segundo a central anarcosindicalista “- Tal é o ánimo de encubrir a falsidade das causas do despedimento que a empresa erra incluso no que respecta ao centro de traballo no que a traballadora presta servizos xa que reiteradamente se fai alusión a que esta presta servizos na oficina de A Coruña” cando en realidade a traballadora despedida “prestou sempre servizos no centro de traballo de Brión”, oficina que se mantén aberta sen que a empresa lle supoña ningún problema organizativo.

Para alén disto, desde a CNT sinálase que a empresa “non xustifica en qué medida, dentro dese contexto de centralización, a supresión do posto de traballo da conciliante, mellora a eficiencia e coordinación dentro do Departamento de teleconcertación”, sen aportar ningún resultado ou estudo en tal sentido, polo que consideran que se trata “dunha manifestación de carácter gratuíto que ten por obxecto encubrir a falsidade da causa do despedimento”, nin se explica por qué a empresa adopta directamente o despidimento e non a asignación a outro centro de traballo.

Desde a CNT chaman a todas as traballadoras “a denunciar estas situacións de persecución nas empresas contra as persoas que exercemos os nosos dereitos” e máis concretamente “contra as mulleres que defendemos activamente a necesidade dunha mudanza significativa do mundo do traballo desde principios feministas”. Por este motivo, chaman á solidariedad de clase e feministas, en canto que consideran un absoluto despropósito o despedimento das compañeiras que con tanta dignidade levamos adiante unha loita exemplar no mundo enteiro como foi a convocatoria de folga de 24 horas o pasado 8 de Marzo, co que tivemos que loitar en primeiro lugar contra o resto de sindicatos que querían rebaixar a nosa loita a un paro simbólico e agora contra as empresas que nos reprimen e nos despiden”. A CNT recorda que “a loita feminista no traballo veu para quedarse, e xa non hai volta atrás”.