Enquisa HostaleríaDigna

CNT denunciará as limitacións impostas co horario de verán da Xunta

Xunta

Ante o silenzo administrativo da Xunta nos últimos días, CNT anuncia que demandará xudicialmente á Xunta por vulneración de dereitos por mor da exclusión de innumerable persoal da aplicación do horario de verán.

CNT recomenda ao persoal afectado que denuncie esta inxustiza para non permitir que á Xunta consolide o roubo definitivo do noso dereito.

Este persoal afectado sería todo aquel que viña desfrutando normalmente do horario no verán e que este ano se ve privado explicitamente de este dereito.

Tamén a todo o persoal con redución de xornada, excluído explicitamente na novidosa nota informativa, á quen resulta sangrante, inxusto e discriminatorio que non se lle aplique á porcentaxe de redución de xornada sobre á xornada ordinaria que traballa en cada momento o persoal sen redución.

As demandas serán de carácter individual e tramitaranse de maneira urxente nos próximos días

Animamos ao persoal interesado nesta reclamación á que se afilie de inmediato e participe coa CNT na defensa dos nosos dereitos.

Afíliate! http://www.cntgaliza.org/?q=afiliate

 

Noticia relacionada:

 

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia

sindicato-cnt@xunta.gal // galiza@cntgaliza.org

www.cntgaliza.org/?q=xunta