Enquisa HostaleríaDigna

Pórtico de Comunicaciones cede a acepta a totalidade das reclamacións da CNT


  • O acordo implica a retirada do ERTE presentado en 2016
  • A empresa admite tamén o fraude na contratación dun traballador que chegou a encadear 93 contratos temporais

Tras a sentenza de marzo de 2018 que obrigaba a Pórtico de Comunicaciones a retirar o ERTE presentado en 2017, despois de ter sido demostrada por parte dos servizos xurídicos da CNT a ilegalidade e falta de fundamento deste ERTE, a empresa finalmente viuse obrigada a aceptar tamén as pretensións da CNT sobre o ERTE presentado o ano anterior, 2016. A empresa admite “o carácter inxustificado do ERTE” e comprométese a “regularizar a situación laboral do traballador” afiliado á CNT, tendo polo tanto que readmitilo no seu antigo posto de traballo e aboarlle os correspondentes salarios de tramitación.

Asimesmo, a empresa admite a irregularidade cometida na contratación deste mesmo traballador, situación que a CNT viña de denunciar hai apenas uns días, o que supón o recoñemento da súa antiguidade na empresa desde o ano 1993.

A CNT valora que «é importante parar as irregularidades que as empresas cometen a diario mediante a práctica da acción sindical e a denuncia xurídica destas prácticas ilegais» e que «a día de hoxe a única garantía de estabilidade no emprego e de traballar dignamente pasa pola organización sindical».