Enquisa HostaleríaDigna

MESÓN O NOSO condenado por despedimento improcedente

 

  • A sentenza xudicial recoñece a totalidade das demandas prantexadas pola CNT
  • A CNT mantén activas varias demandas de cantidades contra a mesma empresa

Tras o peche inxustificado da empresa e o despedimento de todos os seus traballadores, a CNT presentou unha serie de demandas opoñéndose aos despedimentos dos afiliados ao sindicato e reclamando o total das débedas que a empresa mantén con eles por horas extraordinarias e diferencias de categoría.

Neste caso unha sentenza xudicial recoñece o carácter improcedente do despedimento, posto que este se realizou sen informar ningunha causa económica para o peche da empresa, polo que o empresario deberá aboar a correspondente indemnización. Asimesmo, a sentenza recoñece o carácter fraudulento da contratación temporal, circunstancia que para a CNT “é o habitual no festival da explotación e a precariedade no que se converteu a hostalería en Compostela”.

A CNT resalta que “ante a continua agresión aos dereitos laborais nun sector como a hostalería é fundamental organizarse sindicalmente e proceder á denuncia das prácticas de explotación do empresariado, desde a acción directa e o apoio mutuo”.