Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

O Tribunal Supremo anula a sentenza do TSX de Galicia pola cláusula de obxectivos mínimos das/os captadoras/es de Médicos Sin Fronteras

 

  • O tribunal galego dictou en novembro de 2016 que a causa non correspondía ao eido xurídico.
  • A CNT recurriu ao Supremo e logrou a nulidade de dita sentenza.

 No ano 2015, a CNT constituiu sección sindical na multinacional Médicos Sin Fronteras, que recurre a persoas traballadoras para acadar socias/os que financien a súa labor humanitaria con condicións abusivas e que, na cláusula denunciada, significa que se non se acada certo número de socias/os e de financiación media, a/o captadora incurre nunha falta disciplinaria que conleva un despedimento sen indemnización nin preaviso.

 Ao longo dos anos, miles de persoas foron despedidas por MSF por esta causa, plantexando a CNT a abusividade da cláusula coma un método para despedir de balde a aquelas persoas que se iban queimando por un traballo á intemperie e ocupado habitualmente por xente xove e de baixos coñecementos do dereito laboral.

 Tras varios aplazamentos por parte da empresa, e un xuízo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, este estamento dictaminou que o conflito plantexado non correspondía ao ámbito xurídico senon a «un conflito de intereses entre os traballadores e Médicos Sin Fronteras», polo que sen entrar ao fondo do asunto decretou absolver á empresa demandada.

 Recurrida a decisión ao Tribunal Supremo, a xustiza declarou que sí se trata dun tema xurídico e devolve as accións ao intre anterior á sentenza do ente galego, tendo éste que – agora sí – entrar no fondo do asunto e dictaminar se a cláusula é legal ou abusiva, tal como amosa o feito de que o 90% do plantel cada mes non acade os obxectivos impostos pola empresa.

 Segundo o delegado da sección sindical, o máis positivo é que «durante todo este proceso a cláusula foi inaplicable e todos os despedimentos realizados por outras causas vinculadas ao rendemento poderían ser sinxelamente impugnados». En referencia a esta declaración, indícase que a empresa cambiou o seu modus operandi: «agora non te despiden "polas causas consignadas no contrato" senon por "disminución voluntaria no rendemento"».

 Cal é a diferenza?

Analizando os textos legais e tendo en conta estas dúas formas indicadas, pódense identificar fácilmente os procedementos que ten MSF para crear o despedimento de balde.

 Por unha parte, inclúe nos contratos unha cláusula de rendemento mínimo que de non cumplirse suporía unha extición do contrato. Para entendelo cun exemplo, se o contrato pon que unha/un camareira/o ten que servir 300 cafés ao día e soamente sirve 100, independientemente da casuística, podería ser despedida/o por non cumplir coas «causas consignadas válidamente no contrato salvo que as mesmas constitúan abuso manifesto por parte do empresario» e é a parte subraiada a denunciada pola CNT.

 Por outra banda, existe no ordenamento xurídico unha cláusula que permite o despedimento disciplinario pola «disminución continuada e voluntaria no rendimento do traballo normal ou pactado». Neste caso daría igual que o contrato dixera que hai que servir 300 cafés. Se o rendemento baixa, e sobre todo, se a empresa é quen de probar que a disminución é voluntaria, estariamos ante un despedimento con causa. MSF declara que é quen de valorar a voluntariedade do seu plantel para despedir ao seu antollo e de balde.