Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

XXVI Xornadas Libertarias da CNT Compostela

A CNT Compostela presenta as súas XXVI Xornadas Libertarias que terán lugar na Casa do Matadoiro entre o 21 e o 26 de maio.

Nesta data especial, 50º aniversario do Maio do 68, contaremos coa presenza de cinco ilustres palestrates. Amais, durante todo o mes exporemos unha composición gráfica de fotografías e cartaces relacionados co Maio do 68 na Casa do Matadoiro.

Podes acceder ao programa completo premendo en "Ler mais".

PROGRAMACIÓN

21 de maio | 19:30 | LUIS G. BLASCO "FOZ"
«Un galego en París»

Nado en Foz en 1941, formou parte do Consello da Mocedade (1962-1963) do que foi expulsado xunto cun grupo de mozos acusados de comunistas, que fundan ao ano seguinte a Unión do Pobo Galego (UPG). A estadía en Madrid e o contacto co grupo Brais Pinto déronlle á súa personalidade trazos nacionalistas e marxistas. En 1968 tivo que exiliarse en Francia onde se licenciou e Lingüística Xeral na Universidade de París VIII.

Abandonou a UPG en 1978 integrándose no Partido Galego do Proletariado; despois militou noutras organizacións independentistas como Galiza Ceive, a primeira Frente Popular Galega (1987) e a Assembleia do Povo Unido. Na actualidade milita en Cerna.

 22 de maio | 19:30 | ANA MUIÑA
Presentación do libro «Esplendor en la noche»

«Non lle poñas parches! A estrutura está podre!»

Este foi un dos slogans do 68 francés máis libertario, espiritu que recolle o libro ‘Esplendor en la noche. Vivencias de Mayo del 68’, tirado por La linterna sorda, unha obra que aborda a subversión sesentaeoitista dende as vivencias de militantes anarquistas vencellados ao exilio e en loita contra a ditadura franquista. Ariane Gransac, Claire Auzias, Lola Iturbe, Tomás Ibáñez, Octavio Alberola e Miguel Amorós narran a súa participación na Internacional Situacionista e no Maio do 68. Ana Muiña e Agustín Villalba aportan elementos para comprender aqueles acontecementos.

Ana Muiña é unha escritora e investigadora da Historia Social, diseñadora gráfica e responsable xunto a Agustín Villalba da editorial La Linterna Sorda, que leva 10 anos tirando libros sobre a crítica social e a historia dos movementos sociais desde unha óptica antiautoritaria e libertaria, aportando luz sobre a realidade invisible, ou semi velada, para suxerir ideas e debate con micas de ironía e frescura en edicións coidadas que siguen pautas de edición ecolóxicas. O seu lema é O real é invisible!

 24 de maio | 19:30 | PEPE RIBAS
«Alem do Maio do 68»

Nado en 1951, acabou o bacharelato nos jesuitas de Sarriâ e estudou Dereito na Universidade de Barcelona. En 1974 fundou a revista libertaria Ajoblanco. En 1987, consolida a súa labor como editor independente desligado de calquera institución fundando o segundo Ajoblanco, do que foi director ate o ano 2000. Durante esa época, a revista logrou situarse como unha das publicacións culturais e sociais máis influíntes dentro do seu ámbito. As súas reportaxes, crónicas, retratos e debates entre artistas e intelectuais, as novas tendencias e un xornalismo de anticipación aínda vixente mitificaron a labor de dita publicación independente.

 25 de maio | 19:30 | DORIS ENSINGER
«A revolta estudiantil en Alemaña»

Nada en 1944 perto de Magdeburgo, cidade que entón pertencía á zona soviética mercé aos Acordos de Potsdam.

En xuño de 1948, a familia fuxe ao sul de Alemaña. Entre 1964 e 1968 estuda na Universidade de Saarbrücken onde participa na revolta estudiantil. Durante eses anos comeza a mostrar interese pola historia contemporánea española. Forma parte activa do movemento alternativo de Múnich entre os anos 1972 e 1977, ano no que desembarca en Barcelona como docente de alemán nun instituto e conecta coa CNT. Será entón cando coñeza a Luis Andrés Edo, militante anarquista e un dos responsábeis dos grupos de acción directa anarquista coñecidos como Defensa Interior. Até a súa xubilación en 2010 impartíu áulas na Facultade de Tradución da Universidade Autónoma de Barcelona. É autora do libro titulado Amor y Anarquía. Mi vida en Alemania y con Luis Andrés Edo, tirado en 2016 poa barcelonesa Editorial Icária.

 26 de maio | 12:00 | JEAN-PIERRE GARNIER
«É outro Maio posible?»

Nado en 1940 en Le Mans (Francia) pertence a unha familia de ideoloxía libertaria, polo que sempre tivo unha visión crítica de todas as actividades e ceremonias relacionadas co Estado e a Igrexa.

Estudou ciencias políticas e ao rematar comezou a traballar no Institut d'Aménagement et d'Urbanisme de la Région Parisienne (IAURP). Aí descubreu o urbanismo, unha disciplina que o acompañou dende entón.

Durante o Maio do 68, Garnier atopábase traballando en Cuba para o que consideraba a revolución. Sen embargo, só estivo alí 4 anos xa que foi expulsado por contrarrevolucionario.

Utilizou as súas viaxes a Francia para estar en contacto coas persoas que clamaban ese suposto cambio na sociedade do 68 e sempre tivo unha visión crítica sobre os seus plantexamentos e dos "promotores" deste movemento, considerados por Garnier como neo-pequenos burgueses.