Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Crónica do Primeiro de Maio

 

  • A CNT manifestouse pedindo xustiza social e laboral en varios puntos do estado.
  • En Galiza, as manifestacións tiveron lugar en Ourense e Compostela.

Este Primeiro de Maio, día da clase traballadora, as rúas enchéronse de bandeiras libertarias nas manifestacións da Confederación Nacional do Traballo.

Porque este Primeiro de Maio foi diferente do resto; este Primeiro de Maio foi feminista e a partires de agora todos serán igual. Viñamos dunha convocatoria de folga feminista o 8M, un feito histórico, e a coñecida sentenza da manada non fixo máis que espir o patriarcado que sufrimos. As mulleres estamos en pe de guerra e nada nos parará.

En Compostela, desde a Praza 8 de Marzo, e en Ourense, desde a Ponte Romana, a CNT reclamou xustiza social, xustiza laboral, e enmarcou os seus discursos en temas afíns á clase traballadora: o machismo, a loita polas pensións, a educación e a xustiza.