Enquisa HostaleríaDigna

Charlas informativas sobre os procesos de Consolidación e Estabilización na Xunta

Xunta

  • Martes 20 de marzo ás 11:30h. no salón de actos pequeno de San Caetano (Compostela)
  • Xoves 22 de marzo ás 11:30h. no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro (Compostela)

Os procesos de Estabilización e Consolidación son convocatorias que pretenden reducir as altas taxas de temporalidade na Administración. Na OPE 2017 foi convocado parte do proceso de Consolidación, e recentemente ben de asinarse un acordo recollido no DOG 7-2-2018 para parte do proceso de Estabilización. Estes procesos afectan dunha ou doutra maneira a todo o persoal interino, e laboral temporal e indefinido que traballa para a Xunta.
Este martes 20 de marzo ás 11:30h. no salón de actos pequeno en San Caetano e o vindeiro xoves 22 de marzo  ás 11:30h. no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro realizaranse sendas charlas informativas sobre os procesos de Consolidación e Estabilización.
Estas reunións está dirixidas a todo o persoal temporal (interino, laboral temporal e laboral  indefinido) afectado por estes procesos. Nelas poñeremos en común a información existente sobre os procesos de Consolidación e Estabilización na Xunta, trataremos de resolver as dúbidas das persoas asistentes, presentaremos as problemáticas máis comúns e plantexaremos alternativas de actuación.
Non faltes, o teu futuro está en xogo!
Se non puideses asistir contáctanos a través do mail: galiza@cntgaliza.org

Se non puideses asistir contáctanos a través de calquera dos mails: sindicato-cnt@xunta.es // galiza@cntgaliza.org

Info afiliación en: http://www.cntgaliza.org/?q=afiliate

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia
sindicato-cnt@xunta.es // galiza@cntgaliza.org
www.cntgaliza.org/?q=xunta