Enquisa HostaleríaDigna

A hiena fascista ataca de novo en Cerdedo

A CNT da Galiza denúncia o ataque fascista sofrido polo monumento sito na Ponte do Barco (Pedre) en homenaxe a Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, compañeiros da CNT de Cerdedo, asasinados salvaxemente polas hordas fascistas o dia 12 de Agosto do 1936.

O dia da homenaxe que se fixo no 70 aniversário de aqueles atroces feitos, vimos con asombro como nese lugar estaba todo a arder e pensamos, e seguimos a pensar, que foi provocado para impedir eses actos, cousa que non conseguiron.

A Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”, leva xa tempo a traballar na memória destes e doutros compañeiros e represaliados, con valentia e coraxe como pode corroborar o ataque sofrido.

Deste CNT queremos expresar o noso agradecmento e solidariedade às persoas que traballan na recuperación da Memória Histórica en Cerdedo por sacar a lus a represión exercida na zona, con decisión e verdade histórica.

A placa foi arrincada do lugar onde os compañeiros foron torturados e asasinados. Estamos certos que a hiena fascista está detrás destes atentados, e que seremos quen entre todos e todas de restaurar o monumento no lugar que lle corresponde. Pola lembranza de todos os que deron a sua vida pola liberdade e a emancipación dos traballadores devonvendo-lle a sua dignidade.

CNT-Galiza