Enquisa HostaleríaDigna

A CNT demanda a EULEN e a COMBINA SOCIAL por despedimento nulo

  • Combina Social S.L. foi adxudicataria do servizo de auxiliares nocturnos nos internados dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, do que era anterior titular EULEN.

 CNT Galiza ven de demandar ás empresas EULEN e COMBINA SOCIAL pola non subrogación dun traballador que prestaba servizos para a primeira das empresas e que, segundo o sindicato, debeu ser subrogado cando Combina Social se converteu na adxudicataria do servizo.

 O traballador comezou a traballar no ano 2016 cun contrato fixo discontinuo coma auxiliar especialista, pero en febreiro deste ano cambiou a empresa adxudicataria e, tras serlle notificado pola súa empresa que sería subrogado na nova, Combina Social comunicou que “non ía a subrogar a ningún traballador de EULEN”.

 Nunha torsión da lexislación á que a patronal nos ten adoitados, Combina Social esgrime que non subroga ao traballador porque, a pesares de ser o mesmo servizo e a pesares de ser o mesmo posto de traballo, Combina Social vai a aplicar un convenio colectivo diferente que -vaia- non inclúe a subrogación de empresas como dereito do traballador.

A CNT sinala que «este é un novo caso no que á administración pública, cada vez que fai un novo concurso para adxudicar un servizo, o que fai é empeorar as condicións da clase traballadora redundando en beneficios para a empresa adxudicataria».