Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

CNT Galiza realizará un acto reivindicativo previo á folga xeral feminista

  • O sindicato rexistrou legalmente a convocatoria de folga xeral feminista de 24 horas o pasado 20 de febreiro.

 O vindeiro día 7 de marzo, un día antes da convocatoria de folga xeral que CNT rexistrou en apoio aos movementos feministas estatais e galegos, o sindicato levará a cabo un «arranque de folga» cunha concentración e mitin na Praza do Toural compostelana.

O acto, programado para as 20 horas, será protagonizado pola militante do sindicato Xiana Arias.

Farase un repaso das razóns do sindicato para posicionarse detrás do movemento feminista, en apoio contundente e absoluto coas súas reivindicacións. Expostas a modo de resumo: a eliminación da fenda salarial, a eliminación dos obstáculos que teñen ás mulleres no acceso e promoción do emprego, a conciliación da vida laboral e familiar, a eliminación de toda discriminación no emprego ao servizo do fogar familiar e, en definitiva, a eliminación da problemática de discriminación e desvantaxe que sufren as mulleres no ámbito laboral.