8M: folga xeral feminista

CNT aproba por unanimidade convocar folga xeral feminista este 8 de marzo

 

CNT 8 Marzo

  • A Confederación Nacional do Traballo respalda o chamamento do movemento feminista estatal e acorda convocar folga xeral de 24 horas o 8 de marzo.
  • 'Xuntas paramos. Xuntas avanzamos' será o lema da campaña coa que o sindicato anima a todas as mulleres a secundar a folga.

A Confederación Nacional do Traballo (CNT) súmase á iniciativa do movemento feminista galego e estatal para o Día Internacional da Muller e acorda por unanimidade no seu pleno de rexionais celebrado o sábado 27, convocar unha folga xeral de 24 horas o próximo 8 de marzo.

Nesta convocatoria CNT colócase, como sindicato, detrás do movemento feminista galego e estatal, que de forma autónoma, asamblearia e desde abaixo, fixo un chamamento a todas as mulleres para que exerzan o seu dereito a folga en todos os ámbitos nos que sofren a violencia patriarcal: laboral, estudiantil, de consumo e de coidados.

CNT comparte plenamente os motivos desta convocatoria feminista porque recoñecemos o inmenso valor do coidado, tan interesadamente obviado polo capitalismo salvaxe; porque cremos que a violencia económica debe seguir atopándonos de fronte; porque cremos que a violencia sexual, ao fin en cuestión, atenta contra a liberdade tanto íntima como pública; porque cremos na necesidade de defender a diversidade afectivo-sexual; e porque saudamos a compaña dos feminismos racializados, tan precisos na loita colectiva.

Co lema 'Xuntas paramos. Xuntas avanzamos', CNT inicia unha campaña de alcance estatal para difundir e explicar a convocatoria. O sindicato vai a lanzar unha nova páxina web para informar de todo o relacionado coa folga e que aglutinará as ferramentas e contidos nos que traballa para este 8 de marzo. Entre eles, CNT publicará un manual laboral aclarando os dereitos das traballadoras asalariadas ante unha xornada de folga, todas as convocatorias a nivel nacional, vídeos baseados nos motivos da folga e exporá mediante artigos como inflúe ser muller en distintos sectores laborais.

Desde a convicción de que a organización e o apoio mutuo son os únicos camiños para conquistar a xustiza social, CNT fai un chamamento á cidadanía para tomas as rúas nesta xornada de loita e a participar nas accións que se organicen o 8M co obxectivo de plantar cara, xuntas, a un sistema patriarcal que nos oprime e nos explota, nos humilla e discrimina, nos nega e nos mata polo mero feito de ser mulleres.

No movemento feminista internacional vimos demostrando que non estamos dispostas a nos conformar con aquelo que nos venden por 'igualdade'. Queremos a igualdade real. E nese camiño nos atopamos ante unha convocatoria histórica que confirma o empuxe da loita das mulleres de hoxe e de onte para ser donas do seu corpo e da súa vida. Este 8 de marzo, as e os anarcosindicalistas iremos á folga convencidas da victoria. Xuntas paramos, xuntas avanzamos.