Prensa obreira

Finalizado o conflito con Cevichería La Sarita

 

  • O restaurante adebedaba unha importante cantidade de cartos a unha traballadora.
  • A CNT volve a por de manifesto a utilidade da acción directa.

A CNT de Compostela ven de lograr unha nova victoria no plano laboral fronte ao restaurante Cevichería La Sarita, que adebedaba unha importante cantidade a unha traballadora.

O saldo de dita débeda é a consumación dun proceso de acción directa levada a cabo pola traballadora usando como ferramenta o sindicato, formado por persoas que sen remuneración de ningún tipo apoianse unhas ás outras contra os abusos da patronal.

A CNT insiste en que «a hostalaría non pode ser un recuncho onde os dereitos laborais non existan» e que ante a explotación escandalosa que se vive no sector a única opción é «a organización directa, a denuncia pública e individualizada das empresas que levan a cabo estas ilegalidades e o apoio mutuo da clase obreira».

Novamente a CNT pon de manifesto que outra forma de sindicalismo no só é posible senon necesaria. O apoio entre iguais e a solidaridade entre traballadores é o que fai que este e outros moitos conflitos rematen satisfatoriamente para a persoa traballadora.