Prensa obreira

Time Road explota e non paga

 

Time Road explota e non paga

A CNT inicia conflito coa cadea de xoiería e reloxería Time Road tras a demanda dunha afiliada ao sindicato. O sindicato reclama o recoñecemento da categoría laboral de dependenta en lugar de auxiliar, co consecuente aumento de salario. Este recoñecemento implica un aumento salarial que tamén se lle reclama á empresa demandada.

 Time Road contrata a tempo parcial e obriga a facer horas extras que non remunera, como indica a CNT na súa demanda. Sinala o sindicato que «Time Road debería optar por outras vías en vez de roubarlle ás súas traballadoras o froito do seu traballo» en referencia a este punto, habitual pero de todo ilegal en todo tipo de empresas.

A empresa non respecta o descanso entre turnos de traballo, impidindo a conciliación familiar.

 A CNT tamén salienta que en Time Road existen outras prácticas en contra dos dereitos laborais, coma por exemplo os cambios de horarios sen preaviso e a falta do descanso mínimo entre turnos que contempla a lei. Asemella que «para Time Road as persoas son soamente un número e non teñen vida fora da tenda», polo que a conciliación familiar e laboral «non é algo que lles importe o máis mínimo».

Desde a CNT levaránse a cabo as denuncias públicas e xudiciais necesarias para levar a bo fin este conflito laboral.