Prensa obreira

A CNT demanda á empresa pública SEAGA por fraude na contratación

CNT demanda SEAGA

  • A empresa SEAGA ten por obxecto, entre outras materias, a actuación en emerxencias, especialmente as relacionadas coa prevención e loita contra os incendios forestais.

O sindicato CNT ven de demandar a Servizos Agrarios Galegos, S.A., mellor coñecida como SEAGA, tras constatar o fraude na contratación do persoal na empresa pública.

O SEAGA adoita a contratar temporalmente aos seus planteis, evitando así que acumulen antigüidade pero constituíndo un fraude de lei na contratación. Fontes sindicais indican que «non se aprecia a máis mínima causa para a temporalidade do servizo». O sindicato salienta que, tal como indica a xurisprudencia, a condición das persoas contratadas debe ser de fixas discontinuas posto que «existe unha necesidade intermitente e cíclica que incide no obxecto social da empresa».

Esta demanda únese as anteriores interpostas pola diferencia salarial existente ante a inaplicación da empresa do convenio da Xunta de Galicia.