Prensa obreira

O colexio Santa Apolonia, novamente condenado a pagar

 

Colexio Santa Apolonia

 

  • Os xulgados volven a poñer en evidencia as prácticas caciques do colexio compostelano Santa Apolonia.

 O colexio privado Santa Apolonia, coñecido pola pomposidade das súas instalacións e o seu prezo, terá que desembolsar unha cantidade próxima aos 60.000 euros reclamados por un profesor ao que tiveron contratado con categoría de celador durante anos.

 O colexio presume de dar unha educación personalizada que favorece a cooperación, a integración e a solidaridade. Eses valores transfórmanse en prepotencia, caciquismo e abusos como os mostrados nos últimos anos, nos que este "colexio" se embolsou centos de miles de euros a base de incumplir prácticamente todas as leis laborais e os dereitos fundamentais da súa plantilla.

 Desde a CNT saliéntase que o colexio «nin sequera se dignou a asistir ao xuízo, xa o tiña perdido de antemán», xa que toda a documentación que consta incluso na Consellería de Educación indicaba que, efectivamente, «o compañeiro é o profesor titular das asignaturas que ensina e ademáis é o único habilitado a tal efecto en todo o centro».